Antonio Ameijide recorda que “tras moitos anos sen realizar o mantemento” as estradas da Deputación “son perigosas” pero “comezando xa os traballos de renovación das carreteras estase a tempo de reconducir o seu estado”
Lugo, 28 de novembro de 2024. No pleno do pasado martes, tanto PSOE como BNG votaron en contra dunha moción do Grupo Provincial Popular na que se reclamaba o arranxo das estradas provincias na zona sur da provincia, un voto en contra que xustificaron en que “xa facían o suficiente no referente ao mantemento da rede viaria provincial”.
En realidade, este voto en contra evidencia “a nula sensibilidade e subxectividade” do goberno de José Tomé que “da un trato diferente aos veciños da provincia, en función da cor política do alcalde que goberne cada concello”, polo que “pedimos a PSOE e BNG que recapaciten e teñan en conta as reclamacións da veciñanza, xa que a necesidade de mellorar o estado das carreteras é a principal reivindicación dos veciños de 66 dos 67 municipios lucenses”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, pon de exemplo as estradas de Bóveda, un concello dirixido por un alcalde do Partido Popular, José Manuel Arias, unhas vías provincias “perigosas e que teñen que sufrir todos os veciños a diario”.
Un exemplo do calamitoso estado destas estradas é a LU-P-0910 que “cunha simple ollada” evidencia a necesidade urxente que ten de realizar tarefas de mantemento. “Hai puntos nos que non hai máis dun metro de asfalto de ancho”, denunciou.
Antonio Ameijide critica “a nula sensibilidade” de PSOE e BNG á fronte da Deputación “cuxa única preocupación é dar fondos ilimitados aos seus alcaldes afíns, sen preocuparse por máis da metade dos veciños da provincia”.
Neste senso, Ameijide recorda “a diferenciación” que realizaron no pleno do martes dende o goberno provincial, cando aseguraron que “na provincia había veciños en xeral e logo veciños do PP”. “Entrar neste sectarismo é moi perigoso e evidencia que estamos ante un goberno provincial vingativo xa que se os veciños votan o que non lle gusta a PSOE e BNG os castigarán e non atenderán nin unha soa reclamación”.
Tras este voto en contra, Antonio Ameijide criticou “a nula coherencia” de socialistas e nacionalistas xa que “mentres os concelleiros do PSOE e do BNG votan nos seus concellos a favor de que se arranxen as estradas da Deputación, no goberno provincial desoen aos seus propios compañeiros de partido e votan en contra desta necesidade”.
Antonio Ameijide puxo de “exemplo negativo” ao vicepresidente provincial. “Cando Efrén Castro colle a acta de concelleiro en Sarria é moi reivindicativo e reclama á Deputación o arranxo das estradas provinciais pero, cando pisa a moqueta da Deputación cámbialle o pensamento e afirma que xa non é necesario e vota en contra desta reclamación”.
Pola súa banda, o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, lamenta “o sectarismo” do goberno provincial. “A realidade non é que castiguen ao alcalde de Bóveda, o que están a facer o PSOE e o BNG dende o goberno da Deputación é maltratar e poñer en perigo a todos os veciños de Bóveda”, denunciou.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



