A empresa realizou un convite a todos os deputados da corporación provincial de Lugo, así como a representantes de asociacións e entidades representativas da sociedade lucense para presentar o seu modelo empresarial e a relación das fábricas co entorno e a sociedade
Lugo, 6 de novembro de 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular participan nunha visita ás instalacións de Altri en Portugal tralo convite realizado pola empresa a todos os deputados da corporación provincial, así como a representantes doutras asociacións e entidades representativas da sociedade lucense, para coñecer as instalacións desta empresa en Portugal e o modelo empresarial que teñen en marcha no país veciño.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que esta visita ten como fin “comprobar de primeira man en que consiste o traballo que quere desenvolver esta empresa en Galicia”. “No PP mantemos o mesmo pensamento dende o primeiro minuto: se unha iniciativa empresarial, a que sexa, cumpre con toda a normativa vixente e obtén todos os permisos necesarios para iniciar a súa actividade, hai que permitir o seu asentamento e, senón cumpre, non se instalará”, explicou.
Antonio Ameijide recorda que tanto a lexislación europea, como a española e a galega son “moi restritivas” polo que se calquera iniciativa cumpre, hai que permitir o seu asentamento, sobre todo en provincias como a de Lugo, onde as oportunidades laborais para os mozos cada vez son máis escasas polo que “temos que traballar para que calquera persoa que queira iniciar o seu proxecto de vida en Lugo poida facelo”.
Os deputados populares ven como “un exercicio de responsabilidade” aceptar este convite para coñecer de primeira man o funcionamento desta empresa, así como ter a oportunidade de falar coas autoridades portuguesas para coñecer a convivencia da empresa no día a día do país con veciños, empresarios, asociacións ou co entorno.
Antonio Ameijide vería “axeitado e necesario” que tanto socialistas como nacionalistas “acepten” esta invitación para coñecer o funcionamento da empresa e “así ter unha opinión máis formada”. “Descoñezo se van a acudir ou non, pero senón van será unha irresponsabilidade”, apuntou.
Neste senso, o voceiro popular indica que ao BNG “o único que lle interesa e remover e crear conflitos onde non os hai, sobre todo porque durante a campaña electoral das autonómicas defenderon este mesmo proxecto”.
E no que atinxe ao PSOE “non sabemos que camiño tomarán, se o marcado polo presidente da Deputación de Lugo que afirmou que se a empresa cumpre coa legalidade hai que permitir o seu asentamento, ou o do líder autonómico, José Ramón Gómez Besteiro, que dixo publicamente que non se lle concederían fondos europeos a este proxecto”.
Antonio Ameijide recorda que xa se realizaron máis invitacións deste tipo e, por exemplo, os alcaldes e membros das corporacións dos concellos do entorno no que se asentaría Altri e “as impresións coas que regresaron, segundo nos comentaron, foron positivas”.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



