José Tomé Roca vén de comprobar o funcionamento da nova cisterna de xurro e da trituradora lateral nas que a institución investiu preto de 150.000€ e inspeccionou a pavimentación en diferentes accesos da finca provincial de Castro Riberas de Lea
Lugo, 11 de novembro de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de supervisar en Castro Riberas de Lea (Castro de Rei), os novos investimentos da institución provincial na Granxa Gayoso Castro por importe de 200.000€. Concretamente, o mandatario comprobou o funcionamento da nova cisterna de xurro e dunha trituradora lateral que adquiriu a Deputación por preto de 150.000€ e inspeccionou a pavimentación de diferentes accesos da finca de titularidade provincial por outros 50.000€.
Acompañado pola Directora da Granxa Gayoso, Sonia Verdes, o Presidente verificou as melloras da nova cisterna de xurro con capacidade de 14.000 litros. Unha adquisición que, en palabras de Tomé Roca, “permite mellorar a xestión da explotación con criterios de sustentabilidade, cunha utilización máis eficiente dos recursos naturais e os procesos produtivos”. Explicou que esta dotación contribúe a reducir o impacto dos xurros no medio ambiente e na saúde das persoas e contribuíndo a promover prácticas máis sostibles, en consonancia coas políticas da nova Política Agraria Común (PAC).
Revisou tamén a nova trituradora lateral, unha máquina que sirve para facer as rozas e o control da maleza para a correcta xestión das parcelas e dos accesos. Inspeccionou tamén a reparación e asfaltado de 300 m2 do acceso ao garaxe do carro mesturador e a pavimentación dunha pista 1,8 quilómetros desde a nave de secas ata o cemiterio, para mellorar os accesos con maquinaria pesada na contorna das fincas de millo. Estes traballos tiveron un coste estimado de 50.000€.
José Tomé enmarcou este investimento no compromiso do Goberno que encabeza co sector primario que demostra con “diferentes políticas e estratexias levadas a cabo en colaboración coa Universidade e o sector produtivo” e sinalou que, o mellor exemplo é esta Granxa “que desenvolve un labor de apoio á recría de becerras de raza Rubia Galega coa colaboración de Acruga; ou co Centro Experimental de Leite, o primeiro público de Galicia que conxuga formación e investigación universitaria sobre o sector lácteo para axudar ás explotacións a ser máis competitivas e sostibles”.



















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.



