Ribadeo, 5 de novembro, 2024. A súa cociñeira, Mar Orosa, será a responsable de impartir o show cooking titulado Galicia de Seu: Produto e Tradición, no que explorará algunhas materias primas e técnicas icónicas da cociña galega.
A Feira Etiqueta Negra está consolidada como un dos eventos máis importantes do calendario gastronómico no noroeste peninsular. Este ano celebrarase entre o 9 e o 11 do mes de novembro e contará coa presenza de destacados cociñeiros e produtores.
Nesta edición, a feira terá como parte do cartel de relatores a Mar Orosa, cociñeira e co-propietaria do restaurante El Oviedo, de Ribadeo.
A cociñeira será a encargada de desenvolver un show cooking o vindeiro sábado 9 ás 17:00h no espazo Anfiteatro da feira. Nesta actividade, a ribadense explorará algunhas iconas da cociña galega, e en particular da tradición da Mariña, desde o seu persoal punto de vista.
Deste xeito, os asistentes poderán probar o seu Babá de Pemento de Piñeira, unha variedade de pemento autóctona da Mariña Oriental que se está tratando de recuperar nos últimos anos e que con frecuencia volve á oferta do Oviedo.
Igualmente, poderán asistir á elaboración duns carneirolos (escupiñas) en escabeche e dunha versión da raia á galega, un clásico que se converteu en imprescindible na oferta do restaurante da Mariña.
Deste xeito, o equipo do Oviedo continúa profundando na súa aposta por facer do produto autóctono e do receitario da súa comarca o seu principal sinal de identidade.
Á súa participación na asociación Slow Food Galicia, no proxecto Amas dá Terra, no Colectivo Gastronómico da Mariña e á súa presenza en eventos como Galicia Fórum Gastronómico (A Coruña) ou o Forum Gastronómico de Xirona, suman, deste xeito, a súa achega ao principal evento gastronómico do sur da comunidade autónoma.
A actividade é de acceso libre para quen adquirise entrada á feira e ten un aforo máximo de 100 persoas.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



