Unha das grandes novidades é a volta da actividade ao Teatro da Beneficencia
Ortigueira, 29 de novembro de 2024. O Concello de Ortigueira deseñou unha completa axenda de actividades do Nadal que promete encher de alegría e cultura cada recuncho do municipio durante o mes de decembro. Este programa inclúe música, talleres, teatro e propostas solidarias para públicos de todas as idades.
As festividades comezarán o 3 de decembro co obradoiro de adornos de Nadal para adultos e continuarán o día 6 cunha visita teatralizada polo centro histórico de Ortigueira. A continuación, o sábado 7 de decembro, realizarase tradicional acendido das luces do Nadal na Praza Isabel II, acompañado polas actuacións de Troula do Ortegal e Magic Mateo, e culminando coa visita de Papá Noel.
Os días 10 e 17 de decembro, os máis pequenos gozarán do seu taller de contacontos e adornos na Biblioteca municipal. dunha sesión de contacontos a cargo de Tania Xusto na Biblioteca Municipal, onde se combinará a diversión co fomento da lectura.
O 14 de decembro, a igrexa parroquial de Ortigueira acollerá un festival benéfico en favor de ASPROMOR organizado polo coro de Espasante e coa colaboración do Concello. Ao día seguinte inaugurarase o tradicional Belén de Ortigueira na Igrexa Parroquial. Esta actividade estará acompañada do pregón do Nadal e un concerto da Agrupación Musical Nosa Señora do Nordés OJE-Ferrol.
O venres 20 de decembro haberá un contacontos da man de Tania Xusto, unha iniciativa que busca promover a lectura entre as novas xeracións. Ese mesmo día, ás 19:30 h, terá lugar o concerto de Nadal da EMCO, titulado A Divina Comedia, na Igrexa Parroquial de Ortigueira.
O 15 de decembro, a Biblioteca Municipal acollerá o taller de adornos do Nadal para adultos, impartido por Gabi Villasuso. Leste mesmo día, terá lugar o festival de Nadal organizado pola Asociación Cultural Troula do Ortegal, no Centro Social San Adrián.
O Teatro da Beneficencia recuperará a súa actividade este mes. A primeira actuación tras a recente reforma correrá a cargo de ‘Lle Barluthier’, o 21 de decembro. Pero non quedará aí, pois o 26 celebrarase o esperado festival solidario da Escola de Gaitas de Ortigueira; o 28 un concerto de Nadal da Camerata Clásica de Ponferrada como parte do ciclo DinamizArj; e o 29 a proxección da película ‘Que belo é vivir’.
O 21 de decembro celebrarase o festival de Nadal no centro social de San Adrián, organizado pola A.C. Troula do Ortegal. Haberá tamén actuación de Magic Mateo e visitaranos Papá Noel. E o 23 de decembro, os nenos terán a súa festa especial con inchables, música, animación e talleres no Pavillón Municipal. Por último, o ano despedirao Cristian Caruncho cun taller de cómics na biblioteca municipal o día 30 de decembro.
Ademais das actividades principais, o Concello de Ortigueira complementará a programación do Nadal con varias iniciativas destacadas que encherán de espírito festivo todo o municipio. Entre elas, o Certame de Fachadas e Escaparates de Nadal 2024, que premiará a creatividade e o esforzo de veciños e comerciantes na decoración do Nadal; a Exposición de Xanelas de Nadal, que engadirá un toque artístico ás rúas; e o Mercado de Nadal, unha cita imprescindible para gozar de produtos locais e adquirir agasallos únicos. Así mesmo, organizaranse roteiros de sendeirismo do Nadal, unha forma orixinal de explorar a beleza natural de Ortigueira durante estas festas.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



