O encontro está enmarcado nas reunións periódicas entre a Consellería do Mar e os máximos representantes do sector pesqueiro no modelo de xestión de cogobernanza da actividade pesqueira e marisqueira da comunidade
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu hoxe un novo encontro con representantes das Federacións de Confrarías de Pescadores para avaliar o grao de execución do Plan de Competitividade e Sostibilidade do Marisqueo en Galicia e analizar posibles novas necesidades do sector susceptibles de ser recollidas en próximas actuacións.
Na reunión o responsable autonómico destacou a regulación das coñecidas como ‘demasías’ na modificación da Lei de Confrarías de Pescadores de Galicia que vai incluída na Lei de Medidas que se está a tramitar xunto cos Orzamentos autonómicos para o vindeiro ano. O obxectivo é que os pósitos poidan contar entre os seus recursos o obtido oen primeira venda dos excedentes de marisco que en ningún caso poden superar os topes establecidos no propio plan de xestión ou nas autorizacións mensuais emitidas pola Consellería.
O titular de Mar resaltou as bondades desta medida que mellorará a financiación propia das confrarías para atender as actividades vinculadas cos plans de xestión do marisqueo, favorecendo a súa autonomía económica. Tamén que es te cambio normativo permitirá o desenvolvemento regulamentario desta práctica, permitindo a súa ordenación e aplicación baixo criterios uniformes á vez que aporta transparencia na forma en que cada unha das entidades realiza a xestión de excedentes.
Alfonso Villares, acompañado polo equipo directivo da Consellería do Mar, deu conta ao sector das medidas executadas ou en execución no marco do plan autonómico por valor de máis de 50 millóns de euros en axudas directas, medidas de apoio económico e planificación recollidas no plan dotado con 123 millóns de euros. Cifras que para o titular de Mar reflicten o avanzado grao de execución dos compromisos alcanzados cos máximos representantes do sector pesqueiro.
Así, destacou as achegas autonómicas de carácter extraordinario para profesionais e entidades sectoriais, ás dirixidas ás paradas temporais da actividade extractiva, á xestión integral dos recursos biolóxicos mariños, á protección e recuperación da biodiversidade dos ecosistemas ou os proxectos de planificación, adecuación e mellora das zonas de produción.
Tamén puxo en valor o desenvolvemento de importantes proxectos de investigación mariña a través dos centros de investigación dependentes da Consellería do Mar como o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), o Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) ou o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, así como a través da plataforma Redemar e as universidades galegas co obxectivo de afondar na sostibilidade da actividade pesqueira na comunidade.
Cogobernanza do sector
Esta nova reunión esta enmarcada nas xuntanzas periódicas co sector no marco da cogobernanza da xestión pesqueira e marisqueira na comunidade co obxectivo de analizar as medidas en curso así como as pendentes de execución de cara o novo exercicio orzamentario no que a Consellería de Mar contará con 220 millóns de euros, ao redor dun 3% máis que no 2024. Uns recursos que permitirán afondar nas políticas de apoio á actividade extractiva e reforzar as actuacións de apoio postas en marcha durante este ano.




















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



