A Deputada de Muller e Igualdade leu o manifesto acordado polos tres grupos políticos do organismo provincial, destacando que neste 25N de loito “reafirmamos o noso compromiso coa loita pola igualdade e coa erradicación da violencia contra as mulleres, unha tarefa que corresponde a toda a sociedade como parte dun esforzo colectivo para transformar as estruturas que perpetúan o machismo e a desigualdade”
Lugo, 25 de novembro de 2024. A Deputación de Lugo conmemorou o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres cun acto na Praza de San Marcos, onde membros da Corporación provincial gardaron un minuto de silencio en repulsa polas dúas agresións contra as mulleres acontecidas esta fin de semana en Lugo e Vilalba; e o caso que se investiga en Orihuela como un posible crime machista.
Tras o minuto de silencio, a Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, leu a Declaración Institucional acordada polos tres grupos políticos da Corporación provincial polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, que defende a unión na loita contra os feminicidios e os ataques ás mulleres. Subliñou que neste 25N de loito, con maior intensidade, se reafirma o compromiso da Deputación coa loita pola igualdade e coa erradicación da violencia contra as mulleres. “Esta é unha tarefa que corresponde a toda a sociedade, un esforzo colectivo para transformar as estruturas que perpetúan o machismo e a desigualdade”, recolle o documento.
A declaración tamén fai especial mención á situación dos concellos pequenos, especialmente no ámbito rural, que precisan unha maior cooperación das administracións do Estado. Aínda que a violencia contra as mulleres é un problema transversal, a resposta debe ser adaptada ás especificidades do medio rural. Neste sentido, a Deputada destacou que “a situación das mulleres no rural, con menos acceso a servizos públicos, con maior peso das estruturas tradicionais, con menos centros de información ou postos das forzas e corpos de seguridade, incrementa os factores de risco”.
Escape room e actividades nos CAMs
O programa de actos en conmemoración do 25 de novembro completouse hoxe coa primeira Escape Room titulada Axúdame, por favor, organizada polo alumnado do Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou na actividade, que se levou a cabo durante a mañá no propio centro, e que se centrou na historia de Clara, unha muller atrapada nunha relación abusiva, tanto emocional como física.
Ademais, a programación deste 25N tamén incluiu actividades nos Centros de Atención a Maiores da Deputación de Lugo. No CAM de Pedrafita de Cebreiro, desenvolveuse unha actividade interxeracional coa participación do alumnado de secundaria do CPI Uxío Novoneira. A actividade consistiu en analizar os estereotipos de xénero presentes no conto clásico de Brancaneves e reverter a súa historia, creando unha nova versión do conto nunha mesa redonda cos estudantes. Xunto co alumnado, tamén tivo lugar o acto de lectura do conto modificado, que abordou a igualdade e os roles de xénero desde unha perspectiva de xénero no CAM de Pedrafita.
No CAM de Fonsagrada, realizouse a performance Trapos sucios fóra, na que as mulleres do centro presentaron mensaxes de liberación e empoderamento feminino. Nesta performance, as participantes expuxeron os “trapos sucios” como símbolo das dificultades e opresións, para logo mostrar os “trapos limpos”, representando a súa renovación, forza e a súa vitoria contra a violencia machista.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



