O investimento destinarase a substitución do lucernario, cuxo deterioro está afectando ao uso da instalación
Lugo, 4 de decembro de 2024. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará o proxecto de substitución do lucernario da piscina municipal de Foz, impulsado pola área de Deportes do goberno municipal.
O proxecto contempla a retirada da estrutura de ferro galvanizado que sustenta o lucernario da cuberta e a súa substitución por outra de aceiro inoxidable, coa que se pretende dar unha solución definitiva ao deterioro nese punto da cuberta, coincidente co vaso da piscina.
O concelleiro de Deportes de Foz Simeón Neira destacou a importancia desta “colaboración institucional que nos permitirá contratar unha obra moi necesaria para mellorar as condicións de uso e a seguridade na piscina e darlle un novo impulso coa organización de eventos deportivos e outras actividades que permitan aumentar o número de persoas usuarias”.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro enmarcou ese acordo “na colaboración que a Deputación de Lugo mantén cos concellos para atender infraestruturas e equipamentos especialmente cando se trata de dotacións de uso comarcal” e subliñou a importancia de “contar con espazos públicos que favorezan a actividade física e os hábitos de vida saudables”.
A área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegará 80.000 euros para o financiamento desta actuación na que se prevé un investimento total de 85.000 euros.























Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



