Entre as accións demandadas ao Goberno de España figuran a solicitude para que os ministros de Industria e de Transición Ecolóxica participen na reunión da Mesa de Seguimento do pacto de viabilidade do vindeiro 9 de decembro ou a autorización dos parques eólicos de competencia estatal que subministrarán á factoría
Compostela, 4 de decembro de 2024. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España actuacións que garantan a permanencia da factoría de Alcoa na Mariña lucense, entre as que figuran a presenza dos ministros de Industria e de Transición Ecolóxica na reunión da Mesa de Seguimento do pacto de viabilidade convocada para o vindeiro día 9 de decembro ou a autorización dos parques eólicos de competencia estatal que prevén subministrar a esta factoría. Así mesmo, a iniciativa aprobada inclúe, a pesar de que o PSdeG non o apoio este punto, que o Goberno central active a intervención pública temporal e instrumental de Alcoa no caso de que todas as accións previstas non teñan un resultado positivo.
A través desta proposición non de lei, defendida pola deputada popular Elena Candia, o Parlamento de Galicia traslada o apoio aos traballadores e traballadoras que, directa ou indirectamente, vénse afectados pola situación de incerteza da fábrica de alúmina e aluminio de Alcoa na Mariña lucense e amosa a súa solidariedade polas familias afectadas.
AXUDAS PÚBLICAS
Así mesmo, demándase ao Goberno central, unha vez convocada a mesa de seguimento do pacto de viabilidade para o día 9 de decembro, a participación na mesma dos titulares dos Ministerios de Industria e Turismo e para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e do Presidente da Xunta, que xa anunciou a súa vontade de asistir se o facían os citados ministros.
Tamén se esixe o aumento da dotación orzamentaria das axudas de compensación de custes de emisións indirectas de CO2 ata o máximo legalmente permitido pola normativa europea, así como autorizar, sen máis dilación, os parques eólicos de competencia estatal vencellados a contratos a longo prazo para a produción de enerxía a prezos competitivos que prevén subministrar á factoría mariñá.
Outro dos puntos da iniciativa parlamentaria aprobados por unanimidade fai referencia á necesidade de articular unha liña de axudas públicas e apoios extraordinarios que garantan o investimento para a modernización da planta, no mesmo sentido que as que recibiron outras empresas tamén declaradas estratéxicas polo Estado, así como modificar o Estatuto do Consumidor Electrointensivo para crear a figura das empresas hiper-electrointesivas e deseñar mecanismos de apoio específicos ou reforzados que atendan ás necesidades especiais desta figura.
A proposición non de lei pide, ademais, articular unha interrumpibilidade que aproveite a capacidade destas industrias para funcionar como colchón nos picos de consumo de enerxía e estudar todas as accións legais e institucionais que garantan os compromisos adquiridos por parte das distintas administración e de Alcoa, en particular, aqueles previstos no acordo de viabilidade ou, alternativamente, os que se puideran pactar entre empresa e traballadores no marco do proceso de negociación.
O PSdeG ROMPEU A UNANIMIDADE TOTAL
O apoio unánime de todos os grupos parlamentarios co que contaron todos estes puntos rachouse nunha última demanda que non foi apoiada polos deputados do PSdeG. En concreto, o PPdeG e o BNG demandaron, no caso de que todas as accións anteriores sexan insuficientes, activar a intervención pública temporal e instrumental de Alcoa, para garantir a continuidade da actividade e o mantemento de todos os postos de traballo en San Cibrao, incluíndo o das auxiliares.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



