A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou esta tarde as instalacións de Quescrem Innolact en Castro de Rei e puxo de relevo a traxectoria desta empresa no terreo da I+D+i
Castro de Rei, 17 de decembro de 2024. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, salientou hoxe a importancia da innovación no sector leiteiro como fórmula para darlle maior valor engadido ao produto e, consecuentemente, para dotar de maior rendibilidade e competitividade a este eido produtivo estratéxico do noso agro. A conselleira, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou esta tarde as instalacións de Quescrem Innolact en Castro de Rei e puxo de relevo a traxectoria desta empresa de referencia no sector, en especial no que atinxe á innovación. Na visita tamén participou o alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado.
Neste acto, María José Gómez felicitou aos responsables da empresa por “innovar creando novas oportunidades, produtos e tecnoloxías” e, neste sentido, subliñou tamén a importancia da transformación na valorización do produto. Unha liña de traballo na que, trasladou, están involucradas tanto as empresas con implantación en Galicia como a propia Xunta, a través da Estratexia de dinamización do sector. Lembrou, neste contexto, que dita Estratexia contén como eixos destacados de actuación a innovación e a transformación.
Engadiu que, no terreo da innovación, trabállase para fortalecer as estruturas de formación, investigación e innovación da comunidade, así como para poñer a tecnoloxía a disposición do sector. E no campo da transformación, apóstase por impulsar a do leite galego dentro da nosa comunidade, e por iso valorou especialmente iniciativas empresariais como a que representa Quescrem Innolact.
Cómpre mencionar tamén que esta industria beneficiouse recentemente dunha axuda de tres millóns de euros, xestionada por Medio Rural, dentro da liña de subvencións para apoiar investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios. Estes fondos servíronlle para ampliar e mellorar as súas instalacións.
Sector con futuro
A conselleira incidiu en que todo este traballo repercute positivamente na sustentabilidade dun sector “con futuro”, así como en facelo máis atractivo para a mocidade. Así, sinalou que o lácteo galego se vai consolidando como un sector de interese para os máis novos, que están á fronte das explotacións máis competitivas e rendibles.
De feito, recordou, os gandeiros galegos cunha idade igual ou menor de 45 anos, que representan o 33% do total, producen máis da metade do leite de Galicia (un 53%). Asemade, advertiu que as explotacións galegas situadas no tramo máis alto de produción (por riba dos 700.000 litros anuais) están maioritariamente dirixidas por gandeiros de menos de 50 anos, nunha porcentaxe próxima ao 68% do total. E que case o 11% dos titulares destas explotacións teñen entre 20 e 30 anos de idade.
Gómez explicou que, para apoiar esta evolución, a Consellería ten un plan de remuda xeracional que pivota sobre a formación, a incorporación e o acompañamento. Actúase, ademais, na mobilización de terras, para que os agricultores e gandeiros dispoñan de base territorial dabondo. Faise a través das concentracións e reestruturacións parcelarias e tamén coas ferramentas da Lei de recuperación da terra agraria.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



