Viveiro, 28 de decembro de 2024. O CD Egovarros presentou a nova edición da Carreira Popular Concello de Viveiro, organizada polo club co apoio do Concello, da Deputación de Lugo e de diversas entidades deportivas.
A XXV Carreira Popular terá lugar en Viveiro o domingo, día 29 de decembro, a partir das 16:00 horas. A alcaldesa María Loureiro participou na presentación xunto a representantes do club.
Haberá diferentes categorías: sub 8, sub 10, sub 12, sub 14, adultos feminina e adultos masculina. Estas dúas últimas contarán con primeiro, segundo e terceiro premio, mentres que as categorías infantís non serán competitivas, habendo medallas para toda a cativada participante.
Ao finalizar a proba realizaranse diversos sorteos entre os participantes. As inscricións na carreira realizaranse na páxina web de Carreras con Encanto, no enderezo www.carrerasconencanto.com
Ademais do Concello de Viveiro e a Deputación, colaboran co Club Deportivo Egovarros na organización do evento a Asociación Deportiva e Cultural Alboi, o Club Ciclista Viveiro, o Club Atletismo Ría de Foz e a Escola de Rugby Asterix.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



