A Deputación de Lugo achega o 95% do orzamento total e a entidade local asume o 5% restante deste acordo no que se inclúe o acondicionamento de instalacións deportivas ou a adquisición de material informático para equipos municipais
Lugo, 28 de decembro de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar coa Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, un convenio de colaboración de máis de 105.000€ para desenvolver varias actuacións dirixidas a mellorar infraestruturas deportivas e a reforzar servizos públicos neste municipio.
José Tomé informou que “a institución provincial achega practicamente o 95% do orzamento total, 101.500€, mentres que a entidade local asume o 5% restante, 5.430,56€, e sinalou que “este convenio permitirá desenvolver unha serie de proxectos que beneficiarán de xeito directo á veciñanza viveirense”.
Nese sentido explicou que “melloraranse instalacións deportivas a través da adquisición de dous termos para o vestiario do campo de fútbol; a instalación dun marcador electrónico no polideportivo municipal ou a dotación de equipamento para a sala de musculación da piscina municipal, entre outras actuacións”.
Así mesmo, recordou o mandatario provincial que no ano 2025 a Deputación de Lugo achegará máis do 20% do Orzamento á cooperación cos concellos “unha das nosas principais liñas de actuacións” e subliñou que “xa só ao Plan Deputación destinaremos 22M€”.
Pola súa banda, María Loureiro agradeceu o apoio da institución provincial e recalcou que “tamén se inclúen 8.500€ para mellorar o alumeado público na rúa Rosalía de Castro e outros 3.300€ para o alumeado de Nadal”. A rexedora tamén sinalou que “outra das liñas que se inclúen neste acordo é a compra de material informático para os equipos municipais co fin de continuar ofrecendo máis e mellores servizos públicos aos veciños e veciñas”.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



