Ribadeo, 4 de decembro de 2024. Acisa Ribadeo repartirá 2.000 vasos entre os establecementos de ocio nocturno asociados para estas datas de Nadal, nas que estes locais poderán abrir dúas horas máis.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “Acisa está a poñer todos os seus esforzos na campaña de Nadal, unha cita na que nos implicamos de xeito especial, xa que se trata dunhas datas de gran afluencia en Ribadeo, que cada ano se fai máis importante para o comercio e a hostalería ribadense, e que xera unha actividade económica inigualable. Todos os negocios están xa preparados para o comezo do Nadal, que se podería dicir que foi inaugurado a fin de semana pasada e que comezará de xeito efectivo dende esta ponte festiva. A hostalería está disposta para atender da mellor forma posible aos milleiros de persoas se achegarán á nosa vila. Por iso cada ano, desde Acisa Ribadeo, tentamos ir a máis e poñemos en marcha iniciativas como a que hoxe damos a coñecer: a entrega de 2.000 vasos para o ocio nocturno asociado”.
O xerente da asociación ribadense, Jesús Pérez, explicou, que “por por primeira vez imos repartir de xeito gratuíto 2.000 vasos de plástico irrompible ríxido de 500 cc, reutilizables, lavables e de materia prima 100% reciclable, que nace do compromiso da asociación cos nosos socios e socias do sector da hostalería do ocio nocturno, xa que queremos que os poidan usar nos seus establecementos nestas datas de Nadal. Somos conscientes ademais de que nesta época estes establecementos de ocio nocturno sofren unha perda importante de vasos de cristal, polo que poñemos á súa disposición un xeito de evitalo, ademais de traballar no compromiso de manter as rúas limpas e para evitar cortes ou accidentes innecesarios. Tamén queremos amosar o noso compromiso co coidado do medio ambiente”.
Cruzado Iglesias dixo que “estes vasos, que poñemos a disposición do ocio nocturno, como unha liña mais de traballo específico para un sector dentro da hostalaría, están pensados para quedar nos establecementos para o seu uso habitual, xa que son lavables e reutilizables, cun deseño precioso. Os vasos deberanse recoller nas oficinas de Acisa entre hoxe mércores e maña xoves, no noso horario de oficina, para que os teñan dispoñibles para esta ponte festiva. Insistimos en que están destinados para o ocio nocturno asociado”.
Na presentación dos vasos, que tivo lugar no photocall de Acisa na rúa Rodríguez Murias, participaron a presidenta e o xerente do colectivo empresarial ribadense xunto á concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Ampliacións horarias
A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, aludiu ás ampliacións horarias das que gozará a hostalería este Nadal: “parécenos moi interesante poder ofrecerlle este servizo aos nosos asociados e asociadas, deste xeito dáselles a oportunidade de poder traballar mais horas durante estas datas de gran afluencia turística onde as ceas de amigos e de familia, son moitas e as ganas de festexar e celebrar son aínda mais. Así tamén a veciñanza poderá gozar de mais horas de lecer na nosa hostalería. Queremos animar ás veciñas e veciños de Ribadeo e da nosa contorna e aos turistas que nos visitan a desfrutar do Nadal na hostalería ribadense, que ten moito que ofrecer, tamén polas noites, onde atopamos locais cun ambiente impecable, con persoal cualificado e trato amable, e por iso animamos a todas e todos a gozar do Nadal en Ribadeo, nos seus locais e nas súas terrazas”.
Cruzado Iglesias dixo que “con estas ampliacións horarias os locais hostaleiros gozarán dunha de 2 horas mais sobre o seu horario habitual de licenza. As ampliacións son as seguintes: os bares e cafeterías poderán pasar de pechar ás 02:30 a facelo ás 04:30 horas, as discotecas e salas de festas poden pasar das 06:00 ás 08:00 e os pubs das 04:00 ás 06:00 da madrugada”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “os establecementos de hostalería asociados a Acisa Ribadeo, contarán con dúas horas mais sobre a licenza habitual de peche todas as madrugadas dende o 22 de decembro de 2024 ao 6 de xaneiro de 2025 con motivo das festas de Nadal. Ademais súmanse as maduradas do 27 de febreiro ao 5 de marzo con motivo do Entroido, as madrugadas do 13 de abril ao 20 de abril con motivo da Semana Santa, as madrugadas do 11 ao 13 de xullo, con motivo do Ribadeo Indiano, as madrugadas do 15 ao 17 de agosto con motivo da festividade de San Roque, e as madrugadas do 1 ao 8 de setembro con motivo das festas patronais. Estas ampliacións horarias favorecerán ao sector asociado para poder exprimir ao máximo estes días de gran actividade económica”.
Pérez Prada engadiu: “no dia de hoxe comunicámoslles estas ampliacións das que poderán gozar todos os nosos asociados e asociadas”.























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



