Ribadeo, 2 de decembro de 2024. A XIV Festa do Comercio, que organiza Acisa, terá lugar o 11 de xaneiro nas carpas situadas na Avenida Rosalía de Castro ás 20:30 horas. Trátase dunha edición moi especial coa que culminará o ano no que a asociación conmemorou o seu trinta e cinco aniversario.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo que “con esta campaña queremos poñer o broche de ouro á conmemoración do 35 aniversario de Acisa Ribadeo que celebramos neste 2024. De aí que pensásemos en mandar a unha parella a Mallorca a pasar uns días, porque unha das primeiras directivas que tivo Acisa nos seus inicios xa sorteara unha viaxe a esa illa. E fíxonos ilusión repetir esa experiencia para pechar este ano tan especial para a nosa asociación”.
Cruzado Iglesias explicou que “hoxe presentamos a campaña da XIV Festa do Comercio, que se desenvolverá desde este venres, 5 de decembro, ao 11 de xaneiro. Ese día será o sorteo presencial na carpa situada na Avenida Rosalía de Castro no que repartiremos 6.000 euros en vales de compra, ademais desa viaxe. Co fin de impulsar as compras durante o mes de decembro e tamén durante os primeiros días das rebaixas de xaneiro as rifas estarán a disposición dos clientes en todos os negocios asociados a Acisa Ribadeo”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “todas aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio asociado a Acisa Ribadeo recibirán as papeletas para participar no sorteo. En total póñense en circulación 180.000 rifas, que son 10.000 máis que na pasada edición, e 30.000 mais que hai dous anos, o que quere dicir que esta actividade de Nadal é un éxito rotundo pola demanda de rifas que cada ano temos”.
Pérez Prada indicou que “os premios serán repartidos da seguinte maneira: unha viaxe a Mallorca para dúas persoas durante catro días, un premio de 2.500 euros, un de 1.500 euros, un de 1.000 euros, un de 500 euros, dous de 250 euros (un deles será non presencial), un reloxo Time Force modelo Status Chrono e un colgante de prata de lei exclusivo con madreperla. O premio non presencial será sorteado entre o número total de papeletas impresas. E o resto de premios sortearanse entre os números que o dia 11 de xaneiro estean depositados na urna que estará situada na mesma carpa”.
E engadiu que “é moi importante destacar que a rifa debe conservarse ata o 11 de xaneiro e que ese dia pola tarde deberase introducir na urna unha das dúas partes nas que se divide, e seguir conservando a outra ata a mesma hora do sorteo. Deste xeito, unha parte estará na urna para poder ser extraída e premiada e a outra quedará con nós para comprobar se temos o número agraciado. Como sempre insistimos esas rifas deberán ir debidamente seladas por cada establecemento para ser entregadas aos clientes”.
Carmen Cruzado manifestou: “esta campaña facémola co fin de dicirlles aos ribadenses, á veciñanza da comarca e de lugares próximos, que Ribadeo é o mellor lugar para facer as compras, tomar un viño, encargar as comidas e as ceas de Nadal e desfrutar dunhas festas diferentes, e así ademais poder gañar un destes premios tan importantes. Ademais sendo o último evento do 2024 parecíanos interesante darlle un toque extra nun ano especial como é este no que celebramos o 35 aniversario da asociación. Esta campaña ademais verase reforzada con outras iniciativas que se darán a coñecer no vindeiros días”.
A presidenta de Acisa tivo palabras de agradecemento “para Be One como patrocinador principal, para Multitrasteros, Xoiería Azabache e Terra Branca, como empresas colaboradoras, e para o Concello de Ribadeo, que nos facilitará a carpa e os medios para a realización do sorteo. Destacar tamén que esta é unha actividade que conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia”.
No acto de presentación da XIV Festa do Comercio de Acisa Ribadeo participaron a concelleira de Comercio, Marta Saiz; o CEO de BeOne, Roberto Ramos; o xerente de Gestión Gratelu, Pablo Posada; así como a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.



























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



