Os traballos estanse a realizar pola empresa Canalis, que actúa en 14 rexistros nos que se detectaron filtracións de augas limpas durante a auditoría do saneamento
Barreiros, 17 de decembro de 2024. O Concello de Barreiros continúa cos traballos de mellora do sistema de saneamento e depuración, de cara a optimizar o seu funcionamento e corrixir as deficiencias que levan anos arrastrándose. “Tras ter realizado unha auditoría de todo o sistema no ano 2023, detectáronse deficiencias nas que se está a traballar durante todo o ano. Unha das máis importantes era a cantidade de augas limpas que estaba a recollerse na rede de saneamento, impedindo así o correcto funcionamento das estacións de bombeo e depuración”, explica alcaldesa, Ana Ermida.
En dita auditoría sinaláronse un total de 25 deficiencias importantes, das que 23 quedarán subsanadas neste ano; despois da impermeabilización dos 14 pozos de rexistro. Estes traballos, xunto coa renovación do colector do barrio das Carriceiras, en Reinante, supuxeron un investimento de preto de 50.000 euros, que foron financiados ao abeiro do Plan Deputación do 2024.
O concelleiro de Medio Ambiente, Dámaso Ratoeira, sinala que “estes traballos, xunto co investimento permanente que se está a realizar en depuradoras como a do San Bartolo, supoñen melloras moi substanciais na depuración de augas residuais en Barreiros; un aspecto no que, ata a chegada deste goberno municipal, non se estaba a investir nada desde a posta en marcha do mesmo a finais dos anos noventa e principios dos 2000”.
Ermida insiste na importancia destas labores e pon en valor o esforzo do goberno municipal nos investimentos que se realizan en servizos básicos, como o abastecemento ou o saneamento, que “aínda que non luzan á vista son a base fundamental de calquera Concello que aposte por un desenvolvemento real e acorde cos servizos existentes”.
“Rompemos cun xeito de actuar de tratar de esconder os problemas e crer que o que vai por debaixo da terra non é importante. Cada euro que se inviste en auga potable ou xestión de saneamento e depuración é calidade de vida para a veciñanza que ten que ter uns servizos acordes coa demanda que existe. Por iso, o esforzo deste goberno municipal é inmenso, porque non só hai que afrontar a situación presente; senón que temos que estar corrixindo as actuacións do pasado”, conclúe.























Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



