A deputada no Parlamento galego, Montse Valcárcel, trasladou a través de emendas dos orzamentos da Xunta a recuperación de terras para uso agrogandeiro
A Fonsagrada, 2 de decembro de 2024. O BNG da Fonsagrada, a través da deputada Montse Valcárcel, presentou emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza para o 2025. Unha destas emendas fai referencia a recuperación de terra agrogandeira.
Na Galiza temos unha Lei de recuperación de terra agraria que ten como obxectivo loitar contra o abandono e infrautilización das terras e facilitar unha base territorial suficiente a aquelas explotacións que a precisan, mais atopámonos que esta lei é só en papel pois este modelo o único que permite é que cada vez máis teñamos plantacións de eucaliptos por todo o país.
A deputada do BNG por Lugo, Montse Valcárcel , visitou unha explotación gandeira na Fonsagrada onde explicou o motivo polo cal se presenta esta emenda . Unha emenda que pretende “dar unha resposta á falta de superficie para a produción, e garantir o mantemento dos terreos rurais”
A deputada nacionalista explicou que con esta emenda “pretendese chamar a atención sobre a falta de terra agraria cara a garantir a dispoñibilidade de terreos para o sector gandeiro ou o cultivo, optimizando os recursos das distintas explotacións para garantir a súa viabilidade”. Tamén se pretende apoiar aos produtores e produtoras, con medidas como a mobilización de 100.000 hectáreas de superficie agraria útil para facilitar o uso agrogandeiro das que están abandonadas.
“Abandono da actividade agrogandeira, abandono poboacional, caos forestal por exceso de biomasa e falta de relevo xeracional nas explotacións son as consecuencias da política agraria que esta levando a cabo o goberno da Xunta” denunciou Valcárcel. Terras que no pasado tiñan uso agrícola, que eran aptas para o cultivo forraxeiro e alimentar, “hoxe están plantadas con eucalipto, moitas de xeito ilegal sen que a Xunta faga cumprir a lei” concluíu Montse Valcárcel.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



