O Valadouro, 12 de decembro, 2024. Aproveitando o tempo de lecer do Nadal, a Concellería de Cultura presenta unha gran variedade de obradoiros e actividades para que os nenos/as e as familias poidan disfrutar destes días.
Os obradoiros destinados a nenos e nenas son todos en horarios de mañá e precisan inscrición previa que pode ser, tanto na Casa da Cultura como nas oficinas xerais do Concello do 11 ao 18 de decembro. Lembrar que hai prazas limitadas.
O luns, 23 de decembro, comenzamos con un obradoiro onde os máis pequenos poderán elaborar diferentes adornos de Nadal. (10:30-13:30 horas)
O xoves, 26 de decembro teremos un Obradoiro de robótica creativa onde se amosaran distintos robots e os rapaces poderán xogar con eles, construirán un circuito eléctrico, farán figuras de luz…(11:00 a 13:00 horas)
O venres día 27 de decembro, Obradoiro “Fai o teu boneco bocón” que consiste na construción de marionetas de cartón onde as marionetas poden ser creadas das máis variadas formas e técnicas. Neste obradoiro transformarán simples pedazos de cartón, en personaxes diversas, capaces de contar historias incríbles.
O luns, 30 de decembro será a quenda da cociña, polo que haberá un obradoiro onde nenos e nenas elaborarán diferentes receitas de Nadal. (10:30 a 13:30 horas)
O xoves, 2 de xaneiro haberá un pequeno obradoiro de maxia onde os rapaces aprenderán e practicarán diferentes trucos para sorprender a toda a familia! (11:00 a 12:00 horas).
O venres 3 de xaneiro remataremos cunha ximcana deportiva onde se realizarán diferentes e divertidísimos xogos, brilé, tiro a corda, fútbol, baloncesto e moitos máis (10.30 a 13:30 horas).
Tamén contarase con actividades de tarde destinadas a público infantil e familiar:
O luns, 23 de decembro:
Representación teatral a cargo de Trémola Teatro “En busca de Papá Noel”
17:30 no Salón de Actos da Casa da Cultura
O venres, 27 de decembro:
Proxección da película “Teddy. La Magia de la Navidad” (2022)
17:30 no Salón de Actos da Casa da Cultura
O luns, 30 de decembro:
“Monstrólogo” de Trécola Producións.
Unha comedia teatral con monicreques, moita risa e moito “monstro”. Despois da función haberá pintacaras para as persoas asistentes.
17:30 no Salón de Actos da Casa da Cultura
O venres 3 de xaneiro:
“Concerto de Nadal” a cargo da Banda de música Mestre López-O Valadouro
17:30 no Salón de Actos da Casa da Cultura
Todas as actividades son de balde.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



