Ribadeo, 26 de decembro de 2024. Ribadeo rehabilita marquesiñas e bancos, así como os entornos dos contedores e das sinais. Os traballos comezaron en Arante e seguirán por todas as parroquias.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos investindo nas nosas parroquias, seguimos mellorando todo o equipamento. Estamos a falar de marquesiñas, bancos, contedores, puntos aos que acude moita xente. As marquesiñas, onde acoden persoas ou alumnado dos colexios, atopámonos que había unha falta de conservación, é dicir unha falta de mantemento, e en consecuencia abandonadas”.
O rexedor explicou: “poño como exemplo a parroquia pola que empezamos a facer este plan de rehabilitación en Arante, onde as marquesiñas estaban abandonadas e evidentemente cun deterioro considerable. Que fixemos? a rehabilitación de toda a marquesiña, tamén o adecentamento do entorno, con base de formigón e rematado en pedra. Tamén quixemos facer unha rehabilitación de todos os bancos, con base de formigón rematado en pedra, e todos os contedores teñen base de formigón rematado en pedra. Quixemos investir para mellorar, e queremos seguir por todas as parroquias. Nestes momentos rematamos Arante, estamos en Vilamariz, e así paulatinamente iremos por todas as parroquias rehabilitando, e despois temos que ter unha conservación. Eu sempre o digo, é moi importante facer, é moi importante investir, pero é tan importante manter todo o que estamos a facer, porque senón dentro duns anos estaremos as mesmas”.
Vega subliñou: “nos o que queremos é investir, pero que haxa unha conservación de todo o noso equipamento. Tamén estamos adecentando os entornos onde están as sinais, pois moitas delas estaban rotas, outras tiradas, outras xa non existían. E iso tamén vámolo ir mellorando por todas as parroquias, naquelas nas que so hai que facer unha conservación, un mantemento da señalética, e noutros casos temos que facer unha planificación de nova sinalización para as parroquias. Todo, pouquiño a pouco, investindo para seguir mellorando as nosas parroquias”.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



