Insiste en que o acordo acadado co Reino Unido supón grandes baixadas na pescada do caladoiro do Atlántico Norte, o que repercutirá nunha perda de ingresos para economía galega de 54 M€
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, considera que o Goberno central nin fixo o seu traballo, nin negociou correctamente o reparto de cotas do Gran Sol, tal e como se fixo público no día de hoxe. Tal é así que Villares tacha de “envelenada” a proposta defendida pola Comisión Europea ao ser a herdada do anterior equipo do Comisario Sinkevicius. Por este motivo, o conselleiro remarca que o Executivo non logrou cambios significativos coa negociación e que non achegou argumentos para corrixir a distribución dos límites de capturas deste caladoiro.
Deste xeito, o responsable autonómico lamenta que o único que se plasmase fose a proposta inicial e que non se tivesen en conta as cuestións que indica a sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo (TXEU) relativas a que no reparto hai que ter en conta os aspectos socioeconómicos de cada zona. E é que o acordo acadado co Reino Unido supón grandes baixadas na pescada que faena nas augas do Atlántico Norte, o que repercutirá nunha perda de ingresos moi importante para a economía galega, cifrada en preto de 54 millóns de euros.
Asemade, especies como o xurelo da zona 9A (augas portuguesas-este), o ollomol ou a cigala tampouco son alleas a estas restricións que incrementarán a perda de competitividade e da economía dos barcos que se dedican á súa captura. Para o máximo mandatario de Mar da Xunta é positivo que se corrixisen incoherencias relativas ao abadexo, ao xurelo do Cantábrico e á anchoa, que viñan sendo demandadas nos últimos tempos por Galicia, coma a separación dos stocks da anchoa da zona 9A e a posibilidade de pesca dirixida no xurelo do Cantábrico. Asemade, Villares considera que existen casos de posible incidencia negativa, coma o ollomol, e que estes efectos se irán vendo a medida que a aplicación dos recortes se faga efectiva
Por todo elo, dende Galicia, o responsable de Mar adianta que se seguirá traballando e en permanente diálogo co sector para defender os seus intereses.


















Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



