O Presidente e o Alcalde asinaron un acordo de colaboración que servirá para acondicionar a zona de baño e de xogos infantís desta parroquia e rehabilitar un camiño que dá servizo a lugares como A Amosa e Cristo
Lugo, 2 de xaneiro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou no Pazo de San Marcos un acordo de colaboración co Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, a través do que a institución provincial financia con case 100.000€ a mellora da contorna da praia fluvial de Cabreiros e un camiño municipal nesa mesma parroquia no lugar de Amosa e Cristo. Neste caso, o Concello comprométese a aportar máis de 30.000€ para chegar a un orzamento total duns 130.000€.
José Tomé enmarcou este acordo dentro dun dos eixos prioritarios do Goberno da Deputación: a cooperación cos concellos e destacou que estas colaboracións permiten mellorar os servizos públicos e incrementar a calidade de vida dos veciños e veciñas. “Apostamos por reforzar a igualdade de oportunidades para todos. Porque estas achegas permiten a concellos pequenos e rurais, con recursos económicos limitados, como Xermade, desenvolver iniciativas que melloran os servizos de calidade e contribuír a fixar poboación”, sinalou.
Concretamente, este acordo contempla a realización de dúas actuacións na parroquia de Cabreiros. A primeira, cun orzamento de 71.000 euros, consiste na mellora da contorna da praia fluvial co acondicionamento da zona de baño e a área de xogos infantís. A obra contempla a instalación de presas desmontables na época estival co obxectivo de que a veciñanza e os visitantes desfruten dunha mellor área de lecer á beira do río. O Alcalde de Xermade destacou que esta colaboración económica da Deputación servirá “para recuperar unha antiga praia fluvial no río Trimaz na área recreativa de Cabreiros, situada na Rede Natura 2000 e na Reserva da Biosfera Terras do Miño e coa que promovemos un turismo sostible e de calidade”.
Por outro lado, este acordo permitirá acondicionar un camiño municipal, que dá acceso desde a estrada LU-170 aos lugares de Amosa e Cristo. Os traballos consistirán na limpeza de cunetas, mellora do firme con aglomerado en quente e o pintado da vía.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



