O responsable autonómico agradeceu o traballo da entidade na representación das 6 confrarías que a integran, que aglutinan a 496 afiliados e 169 embarcacións, e remarcou o espírito de colaboración mutua e permanente na súa relación coa Xunta de Galicia
Burela, 25 de xaneiro de 2025. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asinou hoxe co presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, Basilio Otero, un acordo para reforzar a colaboración entre a Administración autonómica e o sector provincial por valor de 80 mil euros. Esta achega está destinada a apoiar a actividade desta entidade en favor das persoas pescadoras e do desenvolvemento da actividad pesqueira da provincia.
Durante o acto de sinatura do convenio, celebrado en Burela, o representante do Executivo galego puxo en valor o traballo da Federación como interlocutora das mulleres e homes do mar na provincia de Lugo. Non en van, lembrou que a entidade aglutina a 6 confrarías -a saber, Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Cibrao e O Vicedo-, que teñen en conxunto 496 afiliados e 169 embarcacións.
Alfonso Villares remarcou o compromiso da Xunta de Galicia por seguir traballando a favor dos profesionais do sector marítimo en coordinación directa con eles a través das entidades que os representan para optimizar as políticas pesqueiras que se promoven desde a comunidade autónoma.
Co convenio asinado esta mañá, a Consellería do Mar dá continuidade á colaboración que vén mantendo coa Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo e incrementa o seu apoio económico. De feito, o importe do convenio de colaboración para as actividade que se organicen ao longo deste ano incrementa un 33% a contía do ano anterior.





















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.