Viveiro, 14 de xaneiro, 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, a través da súa portavoz e tenente de alcaldía, Míriam Bermúdez García, presentou no pleno municipal unha moción dirixida a abordar a situación crítica que atravesa a lingua galega e a promover medidas concretas para a súa normalización.
A portavoz do BNG destacou os preocupantes datos feitos públicos recentemente polo Instituto Galego de Estatística, que revelan o descenso drástico no uso habitual do galego e o aumento da porcentaxe de nenas e nenos que non son quen de expresarse nesta lingua. “Esta situación, froito de quince anos de políticas discriminatorias do Partido Popular na Xunta de Galiza, urxe a adopción de medidas contundentes e eficaces para reverter o abandono institucional ao que foi sometida a nosa lingua propia”, sinalou Míriam Bermúdez.
A moción, que insta ao Concello a asumir un papel activo na promoción do galego, inclúe os seguintes acordos:
1. Reafirmar a defensa da lingua galega como patrimonio colectivo e dereito fundamental da poboación galega.
2. Revisar a actuación do Concello en materia lingüística, adaptándoa á normativa vixente e promovendo o uso do galego como lingua propia de Galiza.
3. Adherirse á Plataforma Queremos Galego, apoiando activamente as iniciativas sociais que esta promove en defensa e afirmación da nosa lingua.
4. Trasladar os acordos plenarios ás institucións competentes, como o Parlamento de Galiza, a Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude, e á propia Plataforma Queremos Galego.
Beatriz Lage, responsable local do BNG, manifestou o seu apoio contundente á moción: “A normalización do galego non é só unha responsabilidade política, é tamén unha cuestión de xustiza histórica e de compromiso co noso futuro como pobo. É o momento de que Viveiro dea un paso adiante”.
“Desde o BNG queremos deixar claro que o galego ten futuro, pero ese futuro depende da vontade colectiva da nosa sociedade, comezando polas administracións públicas, que deben ser as primeiras en asumir o compromiso coa normalización do idioma”, afirmou Bermúdez.
O BNG de Viveiro anima a toda a veciñanza a sumar esforzos e compromiso para garantir que o galego siga vivo, presente e transmitido ás xeracións futuras, como parte fundamental da nosa identidade colectiva.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



