Trabada, 30 de xaneiro, 2025. O Concello de Trabada vén de trasladar á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia a súa preocupación pola situación actual que atravesa a produción de faba na comarca da Mariña. Debido a diversos factores adversos a colleita deste 2024 podería sufrir perdas de ata un 80% dunha colleita normal.
O alcalde de Trabada, Rubén García, advirte que esta crise pon en risco a viabilidade dun sector clave para a economía local, afectando directamente ás familias labregas e á fixación da poboación. Ademais, lembra que o sector xa está lastrado polo envellecemento da poboación activa e a falta de relevo xeracional.
Para paliar esta situación, o Concello de Trabada mantivo unha reunión co Sindicato Labrego Galego, onde manifestou o seu apoio ás demandas do sector e solicitou á Xunta tres medidas fundamentais:
-Axudas directas para compensar as perdas das persoas produtoras e garantir a viabilidade da campaña.
-Modificación da axuda da PAC, aumentando a dotación da liña “Axuda á produción sostible de proteínas de orixe vexetal”
-Creación dun equipo de traballo que analice o impacto dos cambios climatolóxicos e o aumento de enfermidades nos cultivos.
Dende a Alcaldía, reitérase o compromiso coa defensa do sector primario e a disposición do Concello para colaborar coa Xunta na procura de solucións efectivas que garantan o futuro da produción de faba na Mariña.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



