Os feitos tiveron lugar o venres nun establecemento de hostalería focense, cando o presunto autor accedeu ao seu interior tras romper cunha pedra de grandes dimensións a porta de cristal dun dos anexos do bar. O infractor foi detido cando tentaba abandonar o interior cunhas moedas subtraídas e varias botellas de alcol no seu poder. A persoa detida e as dilixencias policiais serán postas a dispor xudicial.
