Barreiros, 6 de febreiros de 2025. O Concello de Barreiros vén de lanzar unha campaña de comunicacións para lembrar a obriga de cumprimento da lei de incendios e da nova ordenanza para solo urbano e núcleo no relativo á prohibición da existencia de plantacións forestais.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, explicou que se trata de “facer cumprir unha normativa tanto da Xunta como do Concello que ten como obxectivo protexer as persoas e os bens.” “Hai ben pouco que tivemos incendios ben próximos que nos amosaron a toda a sociedade a importancia de manter as vivendas e bens protexidos contra os posibles lumes e, nese sentido, é fundamental comezar a apartar a materia inflamable da beira de onde viven e traballan as persoas”.
Ao abeiro do convenio subscrito coa Xunta de Galicia para dar cumprimento á Lei de Incendios, o Concello de Barreiros puxo en marcha un sistema de notificacións personalizado a aquelas persoas titulares de plantacións forestais que incumpran a distancia a vivendas ou núcleos de poboación. Segundo a normativa autonómica, estes traballos deben realizarse antes do 31 de maio.
Ao mesmo tempo, o municipio barreirense lembra a entrada en vigor da nova ordenanza municipal na que tamén se prohiben plantacións forestais en solos urbanos ou de núcleo rural. Neste caso, o prazo para a retirada das especies forestais será ata o 30 de xuño.
A alcaldesa aclarou que se trata de “notificacións oficiais personalizadas nas que se lembra a obriga de cumprimento das normativas, os prazos e as consecuencias en caso de incumprimento.” Ana Ermida explicou tamén o procedemento que se seguiu no municipio barreirense, que se diferencia do seguido noutros concellos próximos: “nós optamos por notificacións escalonadas, continuadas no tempo, pero agrupadas por parroquias, de xeito que se facilita o acceso á información e a propia resolución de dúbidas que poidan existir. Deste xeito, nas vindeiras semanas irán chegando esas notificacións ás distintas parroquias, polo que quen coñeza xa esa obriga de retirada de plantacións forestais, pode ir xestionando os traballos”.
A rexedora di ser consciente de que “moitas veces as notificacións xeralizadas cun prazo moi escaso de execución non son realmente aplicables, por iso neste caso damos un prazo suficiente para poder cumprirse e mesmo organizar os traballos colectivamente o que facilita o cumprimento e garante que, de non cumprirse, será imputable unicamente á propiedade e, polo tanto, sancionable”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



