Se algo nos ten que caracterizar ás persoas que temos responsabilidades públicas é a nosa honestidade e honradez. Non podemos laminar a nosa credibilidade dicindo unha cousa e facendo outra; non podemos botar abaixo as ilusións dunha comunidade destruíndo a súa confianza e diluíndo os seus soños dunha vida mellor a golpe de motoserra.
Máis dun mozo e moza que xogaron a carón das árbores do Gregorio Sanz seguro que viviron esa sensación cando, dun día para outro, viron como cortaban a árbore que eles plantaran a finais do século pasado ou nos comezos deste, a mesma na que agora poderían estar xogando os seus fillos e fillas.
Moitos dos nosos avós e avoas conversaron horas e horas á sombra dalgunha das árbores máis emblemáticas da zona do parque de San Francisco. Seguro que poderán estar temendo que o castiñeiro que tanta protección lles deu nos bravos días de verán, poida ser cortado para maior gloria dos fastos megalómanos dalgúns.
Uns e outros, da xente máis nova á de maior idade, poden ver como un día se dice unha cousa nunha entrevista de radio ou na prensa escrita, e agora acabar oíndo xusto o contrario no salón de plenos do concello. Todas e todos recordarán como se comentaba a dificultade para mover os camións das orquestras no parque de San Francisco e que por ese motivo había que facer unha reforma integral do mesmo; pero agora, osmando o enfado da veciñanza, fínxese que non se vai tocar nada en dito parque e nas inmediacións (léase rúa Clemente Martinez Pasarón).
Dicir que non se fixo corta, e ver como quedaron as árbores no patio do Gregorio Sanz, é o mesmo que tomarnos por parvos aos veciños e veciñas de Ribadeo. Manifestar de forma solemne que se actúa segundo os criterios dos informes técnicos cando resulta que eses informes son posteriores á corta, é mentir descaradamente. Escoitar no último pleno por parte do alcalde a súa xustificación esaxerada, botando balóns fóra e acusando á anterior corporación de non ter deixado ningunha árbore en pé, revolve a calquera e demostra que a mentira sistemática xa non funciona e que a realidade é máis poderosa: había e hai castiñeiros no noso parque, e outras especies polas nosas rúas. Incluso nos chegou a acusar de cortar o teixo emblemático na contorna da igrexa de Arante cando alí segue en pé e ben vistoso… Non: non se pode ser tan ousado.
O alcalde de Ribadeo, preso dos seus delirios de grandeza, vese na tesitura de ter que recuar (polo menos aparentemente) e finxir que non ía facer nada. E, por suposto, aproveita para inventar a súa realidade paralela (todo un monólogo ben extenso que leva á práctica nos plenos) e botar as culpas de todos os males ao anterior goberno. O público asistente ao pleno do martes 4 de febreiro puido comprobar que Daniel Vega esténdese e esténdese para soltar un feixe de palabras ocas e non dicir nada.
Con todo, o máis rechamante da noite, despois de todas as incongruencias cometidas, foi a súa negativa a votar a favor da nosa proposta: 1. Paralización inmediata da corta de árbores, agás para casos debidamente xustificados con informes técnicos previos. 2. Calquera actuación hipotética ou futura sobre o Campo de San Francisco deberá contar coa exposición pública previa á licitación do mesmo, para permitir a participación da veciñanza. Resulta que o grupo municipal do PP negouse a votar a favor de aplicar a legalidade. É tal a súa cegueira política, que nin son quen de se comprometer a actuar conforme á lei.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



