Criticou que o PP insista na súa campaña de fake news cando votou contra a compensación 80% nas peaxes eléctricas á fábrica da Mariña lucense
Madrid, 11 de febreiro de 2025. O senador do PSdeG César Mogo censurou hoxe que o Partido Popular insista en manter en marcha a “fábrica de mentiras” dos senadores Balseiro e Barreiro, con terxiversacións que despois ambos tratan de espallar a través de iniciativas parlamentarias. O socialista criticou que no pleno desta tarde intentasen, mediante unha pregunta ao Goberno, de “enredar” sobre a situación de Alcoa.
Mogo sinalou que o fixeron pese a que o PP non apoiou a redución dun 80 % nas peaxes eléctricas, unha medida incluída no Real Decreto contra o que os populares votaron o pasado 23 de xaneiro. Tamén criticou que, tal como lembrou durante a sesión a vicepresidenta terceira, Sara Aagesen, a tardanza da Xunta ao entregar a documentación sobre os parques eólicos que van abastecer Alcoa impedise tramitar en prazo a declaración de impacto ambiental. “Non o poñen fácil”, dixo Aagesen.
Pese a iso, o Goberno mantén o “compromiso firme” coa planta da Mariña lucense, asegurou Mogo. Por ese motivo, artellou unha solución ao problema das instalacións de renovables, dando prioridade nos concursos de acceso á rede aos proxectos “que teñan un avanzado estado de tramitación”. Por outra banda, as compensacións por emisións de CO2 para a industria eleváronse ata os 600 millóns de euros, medida que tamén afecta a Alcoa, e España está a ofrecerlle ao sector neste momento “a enerxía máis competitiva de Europa”.
O ministro de Industria: “Coincidimos totalmente”
A sesión de control incluíu tamén unha pregunta dos populares sobre Altri, que buscaban incidir na falsa afirmación de que existe diferencia de opinións entre o PSdeG e o Goberno central respecto do proxecto de Palas de Rei. “Demostrouse que non hai discrepancias”, subliñou César Mogo tras a intervención do ministro de Industria, Jordi Hereu, que foi contundente: “O PSdeG e o Goberno coicidimos totalmente”.
Hereu explicou durante o pleno da Cámara Alta que o Executivo apoia os proxectos industriais e por ese motivo asinou compromisos con Alcoa, “para manter a actividade”, e respecto das novas iniciativas apuntou que se analiza “a viabilidade” de cada unha delas tanto no aspecto técnico coma no económico e no medioambiental. César Mogo sinalou especialmente da intervención do ministro que quedou claro que os criterios son “obxectivos”, incluído o que respecta á protección do medio natural.
“O que non está aínda tan claro —dixo— é se a Xunta ten algún compromiso para financiar o proxecto de Altri, porque non ofrece información pese a que o secretario xeral do PSdeG lévaa demandando en reiteradas ocasións”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.


