O prazo de inscrición estará aberto do 21 de febreiro ao 21 de marzo
Burela, 19 de febreiro de 2025. O Concello de Burela abre o prazo de inscrición para a undécima edición do Concurso contra a Discriminación Racial.
A partir do vindeiro 21 de febreiro e ata o 21 de marzo, todas as persoas interesadas poderán inscribirse e presentar os seus traballos en diferentes formatos, desde debuxos e pinturas ata vídeos, lemas ou textos, sempre que transmitan unha mensaxe clara contra a discriminación racial.
A participación no concurso está aberta a todas aquelas persoas que teñan cumpridos os 6 anos antes da data límite de presentación, e está distribuído en tres categorías: a primeira, para nenos e nenas de 6 a 12 anos; a segunda, para adolescentes de 13 a 17 anos; e a terceira, para persoas de 18 anos en diante.
Os traballos poderán entregarse de forma presencial no Concello de Burela, por correo postal ou a través do correo electrónico integracioninmigrantes@burela.org. As persoas interesadas deberán achegar a folla de inscrición correspondente, xunto cun documento identificativo (DNI, NIE, pasaporte ou libro de familia). No caso dos menores de idade, será necesaria unha autorización.
As bases do concurso, xunto coa folla de inscrición, están tamén dispoñibles na web do Concello de Burela.
O cartel do concurso deste ano foi elaborado por Shiva Eliska Alinda Nurhakim, unha das gañadoras da edición anterior. Segundo destacou o tenente de alcaldesa de Burela, Mario Pillado: “Pareceunos tan bo e que representaba tanto os valores que pretendemos transmitir con este concurso que era o máis axeitado. Ademais, pretendemos instaurar que os traballos elexidos poidan ter difusión e a oportunidade de protagonizar os carteis que empregamos para publicitar diferentes propostas”.
Para calquera dúbida ou consulta, as persoas interesadas poden achegarse ao Concello de Burela ou chamar ao teléfono 982 586 000.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



