A Mariña 10 de marzo de 2025. A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia a situación pola que está a pasar un paciente que leva agardando case cinco anos e medio por unha consulta de uroloxía. Este paciente padece de problemas de próstata e o servizo de uroloxía debe facer seguimento da evolución do seu problema, axustar tratamentos e solicitar probas complementarias periódicamente se o precisara, establecéndose por parte de uroloxía a prescrición anual de revisións. Mais a última vez que tuvo unha revisión por parte deste servizo foi en outubro de 2019. En decembro de 2022, cando xa levaba un atraso de máis de dous anos nos controis periódicos pautados, a súa filla contacta coa plataforma sanitaria , que lle redacta e rexistra unha reclamación que non foi atendida pola dirección do hospital , permitindo que unha persoa teña que sufrir as consecuencias que poidera haber na evolución do seu problema de saúde pola negativa a atendelo, facendo caso omiso ás prescripcións facultativas.
Á vista de que non foi atendida nin resolta a reclamación a familia do paciente contacta de novo coa plataforma sanitaria, nun intento de facer reflexionar á administración para que tente corrixir esta aberración e sexa de inmediato citado. É por iso que se presenta novamente reclamación o día 28 de febreiro de 2025, con rexistro de entrada número 0405 solicitando a inmediata citación desta persoa na consulta de uroloxía. Mais, segundo indica Montse Porteiro, coordinadora do colectivo, “dez días despois a dirección do centro e a xerencia non tiveron a decencia de corrixir a situación como sería de agardar polo agravio que está a sufrir pero é que tampouco se dignaron a ofrecer unha desculpa e un propósito de subsanación; é simplemente intolerable”.
Esta persoa, a maiores ten antecedentes familiares de cancro de próstata, o cal agrava esta deixadez da dirección hospitalaria e da xerencia podendo chegar a situarse, a xuizo deste colectivo, nos límites da temeridade. É por iso que desde esta plataforma esiximos a subsanación desta situación de inmediato, facilitándolle a cita que precisa, facéndose cargo de todas as posibles complicacións derivadas da súa neglixencia e que se deixen dunha vez por todas de “malgastar os cartos da sanidade pública en reportaxes de autobombo nos que aínda por riba se esquecen de explicar a mariñás e mariñaos o que realmente fixeron durante a pandemia”, matizan desde o colectivo.
Facemos unha chamada a toda a sociedade mariñá
Desde a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña facemos un chamamento a toda a sociedade mariñá para que se sumen e acudan á manifestación que baixo o lema “ Pola Resurrección da nosa Sanidade”, sairá da Cruz Vermella de Viveiro o vindeiro domingo día 23 de marzo e rematará diante do Centro de Saúde de Viveiro, onde se dará lectura a un manifesto. É moi importante acudir e participar desta mobilización porque “ únicamente se moven un pouco para paliar o desastre sanitario nos lugares onde as e os veciños lles plantan cara , máis non poden xa maquillar máis a realidade “ conclúen desde o colectivo sanitario.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



