A morte súpeta e temperá da alcaldesa de Lugo deixou abraiada á cidadania luguesa, mais tamén impactou na Galicia toda, onde Paula Alvarellos, polo seu xorne e actitude vital, contaba con moitas amigas e amigos que foi gañando ao longo das distintas épocas da súa vida. Sen dúbida na conmoción cidadá contan moito as circunstancias da súa morte, mais tamén a calidade humana, profesional e política da persoa. Mesmo o tempo e circunstancias da súa tráxica morte fálanos da súa dispoñibilidade a respecto da cidadanía e da subordinación da súa comodidade persoal ao servizo público.
Paula naceu na vila do noso bardo Eduardo Pondal, cabo de pinal espeso, na belida Ponteceso, no esteiro do río Anllóns cantado polo poeta, que forma a ría de Laxe e Corme. Unha paisaxe doce e amábel no corazón da fera Costa da Morte. Mais, sen renunciar nunca á súa amada raizame bergantiñá, elixiu ser luguesa e en Lugo fundou a súa familia, demostrando ao longo da súa vida que as identidades, cando partilladas, melloran as resultas e-tamén- que cada quen pertence ao lugar onde vive, traballa e ama.
Paula tiña unha calidade humana moi importante e non moi espallada: sabía distinguir a persoa (como valor permanente) da súa concreta función ou posición, esencialmente mudábel. É dicir, valoraba á persoa como ser humano e por iso creaba ao seu redor un clima de confianza e distensión, que favorecía o diálogo, acadando que todos estivésemos cómodos no trato persoal, sen prexuízo das ideas, visións ou intereses que tivera cada quen. Unha virtude rara, malia que decisiva para o exercicio da avogacía, que esixe combinar o respecto polos dereitos de todos coa defensa teimuda dos intereses do teu cliente, mais tamén para desenvolver a xestión democrática dos intereses públicos. Velaí a concorrencia en Paula das dúas vocacións: a da avogacía e a do servizo público que desenvolveu a prol da cidadanía de Lugo.
Dende esa cosmovisión humanista e dende esa cordial humanidade, dende o respecto e o diálogo con todas as persoas xerando espazos de achegamento e relación distendida, puido desenvolver Paula unha xestión eficaz e eficiente, como concelleira-delegada e despois como alcaldesa, en tempos ben difíciles. Un servizo público alicerzado no diálogo e na negociación, mais tamén no rigor na xestión e no xurídico, tentando sempre unha interpretación progresista da legalidade democrática, na que conxuntaba a súa vis xurídica coa súa vis de xestora pública.
Paula atendeu á convivencia democrática no respecto ao Estado de Dereito e a conxugar os distintos intereses nun proxecto de cidade harmónico, con especial sensibilidade por aqueles colectivos máis vulnerábeis, como as persoas que saen do cárcere. Unha vocación que xa exercera como avogada dende a Asociación Concepción Arenal, como tamén defendeu os dereitos das persoas consumidoras dende a asesoría xurídica de ACOUGA en Lugo.
Velaí as manifestacións de dor e agarimo destes días, nos que Lugo e Galicia enteira quixo homenaxear Paula Alvarellos. Nos que o pobo, que é quen máis ordena, agradeceulle o seu traballo e entrega a prol do público e afirmou nidio e claro que Paula era un dos seus referentes.



















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



