A Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático tramitou no último ano a repotenciación voluntaria de nove parques, seis dos cales xa foron autorizados e tres xa obtiveron a declaración de impacto ambiental
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2025. A Xunta de Galicia autorizou a repotenciación dun parque eólico de preto de 50 megavatios nos concellos lucenses de Muras e Ourol. O Diario Oficial de Galicia publicará nos vindeiros días a resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático pola que se autoriza tanto o desmantelamento das instalacións actuais do parque eólico Muras como a construción doutras novas na contorna pasando dun total de 74 aeroxeradores a unicamente once.
Deste xeito, a empresa promotora desmantelará os aeroxeradores instalados neste parque e os equipamentos asociados a el como 74 centros de transformación, a rede eléctrica de media tensión soterrada e dúas torres meteorolóxicas. En paralelo, restauraranse os camiños que queden sen uso.
A autorización administrativa para proceder á repotenciación do proxecto Muras suporá a instalación de once novos aeroxeradores e a actualización da subestación transformadora existente.
O futuro parque contará cunha produción neta de 155.886 megavatios hora ao ano tras un investimento total -entre o desmantelamento das instalacións actuais e a execución dos traballos para a repotenciación- de arredor de 43 millóns de euros de execución material.
A Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático está a facilitar as repotenciacións voluntarias que melloran a eficiencia dos parques actuais e reducen o seu impacto na paisaxe pois permiten reducir ata un 80% o número de aeroxeradores e aumentar un 35% a súa capacidade de produción de enerxía renovable. No último ano tramitou a repotenciación voluntaria de nove parques, seis dos cales xa foron autorizados e tres xa obtiveron a declaración de impacto ambiental continuando coa tramitación para a súa autorización.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



