É un roteiro de dificultade media-baixa, cunha lonxitude total de 8 quilómetros
Lugo, luns 10 de marzo de 2025. A delegación de Lugo de ADEGA organiza un novo roteiro este domingo, 16 de marzo, polo concello de Barreiros, no que poderemos coñecer a mina romana da Cova e a fraga de Santo Estevo do Ermo. O percorrido, de dificultade media-baixa, terá unha lonxitude total de 8 Km (6 Km pola ría e 2 Km pola fraga).
O punto de encontro será o local de ADEGA, en Ronda das Fontiñas 180, Lugo, ás 9:00 horas, para coordinar os coches ata o punto de inicio da ruta en Viladaíde. Sobre ás 10.30h comezará a camiñata cara á ribeira da ría de Foz. Neste tramo, faremos unha pequena travesía pola zona intermareal, seguindo un percorrido con fermosas vistas da ría ata chegar á zona da mina romana de ouro da Cova.
Ao longo deste tramo, poderemos observar numerosos vestixios desta antiga explotación aurífera. Pasaremos pola lagoa de Pallares ou dos Patos e chegaremos ata o lugar de Pallares. Dende alí, regresaremos aos coches por pistas e camiños que atravesan esta extensa explotación romana.
Unha vez de volta en Viladaíde, colleremos os coches para desprazarnos ata a fraga de Santo Estevo do Ermo, onde xantaremos. Pola tarde, realizaremos un pequeno pero intenso percorrido polos tesouros que agocha esta máxica fraga. Durante esta parte da ruta, faremos unha parada na parcela adquirida pola Fundación Eira da Xoana de ADEGA, Mariña Patrimonio e Irmandade Santo Estevo. O percorrido pola fraga require especial precaución, xa que hai tramos húmedos e esvaradíos, polo que é recomendable levar bastóns.
Chegaremos ata a Fonte de Santa Rosa, onde as persoas participantes poderán seguir o rito ancestral de deixar un anaco de tea ou pano de fibras naturais na contorna da fonte. Dende este punto, regresaremos ao inicio pasando polo Revertedoiro (fervenza).
Información e reservas
As persoas que estean interesadas en reservar praza terano que facer a través do formulario de reserva antes das 13h do venres anterior ao roteiro. Cubriranse as prazas por orde de inscrición. Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades, cun prezo de 6 euros.
Que levar
Calzado adecuado para camiños húmedos e esvaradíos
Bastóns de sendeirismo recomendados
Roupa axeitada segundo a previsión meteorolóxica
Un anaco de tea ou pano de fibras naturais para a Fonte de Santa Rosa
O programa de roteiros “Auga: O quebracabezas da vida”
A programación de roteiros 2024/25 de ADEGA-Lugo, desenvolvida co apoio de Cultura da Deputación de Lugo, ten como tema central a problemática da auga, imprescindible para a vida e da que todo depende. Os Roteiros de ADEGA-Lugo son andainas pola natureza que organiza a delegación de Lugo de ADEGA desde hai máis de 20 anos e que están dirixidas á poboación xeral, co obxectivo principal de achegar as persoas á súa contorna natural para que coñezan os valores naturais, patrimoniais e culturais que enriquecen e identifican o noso territorio.
Velaquí as seguintes paradas:
20 abril. Ancares por Terras do Val do Ser
11 de maio. Carballeda de Valdeorras
15 de xuño. Arousa. ALTRI NON.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



