A Mariña, 26 de marzo de 2025. A Mariña acolle do 28 ao 30 de marzo o encontro de observación da natureza natureWatch, que se celebrará presencialmente no Centro Sociocultural de Barreiros e que inclúe ademais diversas visitas ao territorio. Un total de 60 persoas, chegadas principalmente de Galicia, pero tamén doutros puntos de España (Andalucía, Aragón, Asturias, Cataluña e Castela a Mancha), terán a oportunidade de afondar no coñecemento deste territorio como destino ornitolóxico, xeolóxico e botánico a través dun evento de recoñecido prestixio nacional. A meirande parte correspóndese con perfís vinculados á xestión turística e de produtos, guías turísticas, entidades de xestión da biodiversidade, asociacións ambientais, técnicos de turismo e empresas hoteleiras, entre outros.
O evento natureWatch foi recoñecido pola Organización Mundial do Turismo como evento colaborador no 2017, ano no que se organizou por primeira vez, e desde entón celebrou máis de 20 edicións en diferentes provincias de España. Trátase dun evento referente que convoca a persoas relacionadas coa práctica e divulgación do turismo sostible de natureza.
A Mariña, destino natural
O encontro natureWatch é un foro especializado de ecoturismo que se celebra ao longo do tempo en diferentes puntos de España, atendendo ás características singulares de cada lugar. O seu obxectivo é contribuír de forma ordenada ao impulso do turismo de observación da natureza, promovendo as bases sobre as que construír a súa regulación, o emprendemento e o desenvolvemento sostible dos espazos naturais. Neste caso, pretende posicionar A Mariña entre os profesionais do sector e o público especializado como un des;no de turismo de natureza de relevancia a nivel nacional.
Con esta celebración na Mariña dáse un paso máis no obxectivo de converter o territorio nun destino referencia a nivel ornitolóxico, natural e xeolóxico, co fin de xerar desenvolvemento económico e social ao redor das empresas de turismo activo e ecoturismo, guías de turismo de natureza, aloxamentos, restaurantes e produtores locais, entre outros.
Evento neutro en carbono
Trátase ademais dun evento socialmente responsable. Por unha banda é un evento neutro en carbono, é dicir, que se toman as medidas necesarias para compensar as emisións de carbono que se produzan durante o evento, investindo en actividades que reducirán ou eliminarán da atmosfera unha cantidade de carbono equivalente á emitida, polo que se acada un impacto 0. Por outra banda, parte do custo de inscrición será destinado a un proxecto local de conservación do medio ambiente a cargo de REBINXE.
REBINXE (Recuperación da Biodiversidade na XeograQa Rural) é unha organización sen ánimo de lucro para a conservación do medio ambiente creada por profesorado e alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo.
O encontro está promovido pola Mancomunidade de Concellos de A Mariña Lucense no contexto do Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, cofinanciado pola propia Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo. A organización corre a cargo da empresa especializada Daboecia Arte y Naturaleza en colaboración con El Ecoturista. Ademais, nesta edición conta coa colaboración especial de RURALtXA! un proxecto que impulsa a bioeconomía no mundo rural e que conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliciencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Programa natureWatch A Mariña 2025
VENRES 28 de Marzo
15:00 h. Acreditación.
16:00 h. Inauguración oficial.
BLOQUE I. PRESENTACIÓN DO TERRITORIO
16:30 h. A Mariña Lucense, introdución ao territorio. Miguel Pazos (Universidade de Santiago de Compostela).
17:00 h. Plan de Sostenibilidade Turística Mariña Lucense. Claudia del Pino e Sofía López, técnicas de turismo do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense
17:20 h. Proyecto RURALtXA! Impulso á bioeconomía rural revalorizando a gandeiría extensiva de montaña vinculada á conservación da biodiversidade. Jaime Fagúndez (Proxecto RURALtXA!).
17:40 h. Colectivo de Gastronomía da Mariña. Cadea de valor do produtor ao restaurante pasando pola transformación. Denominación de Orixe Protexida. Jorge Guitián e Javier Carreiras.
18:00 h. Pausa. Degustación de produtos locais a cargo do Colectivo de Gastronomía da Mariña.
BLOQUE II. PATRIMONIO NATURAL
18:30 h. Desenvolvemento dun produto de ecoturismo ligado á observación de aves na cornixa cantábrica, o exemplo da Bahía de Santander e aguia pescadora. Carlos Sáinz (Bahía Santander-Ecoturismo).
18:50 h. Seguimento de aves mariñas desde Estaca de Bares. Antonio Sandoval. Ornitólogo e escritor.
19:10 h. Aves de A Mariña Lucense e a loita pola do píllara das dunas. María Vidal (Universidade de Santiago de Compostela).
19:30 h. Decálogo de recomendacións para usuarios das praias de A Mariña Lucense. Colaboración activa na protección do píllara das dunas. Coa participación do público.
19:45 h. TERTULIA TEMÁTICA. Presentación do libro “Territorio Lobo” de Andoni Canela. Entrevista co autor. Moderado por Antonio Sandoval.
20:30 h. Fin da primeira xornada.
SÁBADO 29 de Marzo
8:00 h. Visita guiada á Praia das Catedrais. Punto de encontro: aparcadoiro da Praia das Catedrais. Co xeólogo local Iván Rodríguez.
11:30 h. Volta e tempo libre antes de continuar co ciclo de relatorios.
BLOQUE III. PATRIMONIO XEOLÓXICO E XEOTURISMO
12:00 h. Xeoparque Cabo Ortegal. Fran Canosa (director científico do Xeoparque Cabo Ortegal).
12:20 h. Xeoparque Montañas do Courel. Roy Sampedro (xeólogo do Xeoparque Montañas do Courel)
12:40 h. Turismo de natureza sostible: sistemas de regulación e capacidade de acollida. Alfonso Polvorinos. Técnico especializado en ecoturismo.
13:00 h. A praia das Catedrais. Uso turístico e sistema de regulación de accesos. Mesa redonda. Moderado por Antonio Sandoval.
14:00 h. Tempo libre para o xantar.
BLOQUE IV. EXPERIENCIAS
16:30 h. Turismo de aventura e natureza na Mariña Lucense. Carlos Gil (Maremasma).
16:50 h. Actividades guiadas no Xeoparque Costa Quebrada. Safari nocturno polo complexo intermareal. Lucía Dirube (Asociación Costa Quebrada).
17:10 h. Experiencias ecoturísticas, etnografía e conservación da natureza en Cantabria. Susana Pacheco (Nansa Natural).
17:30 h. Observación de cabalos salvaxes na Serra da Groba. Finca Moreiras.
17:50 h. Ruta de ecoturismo nos portos de Pineda. Exemplo de deseño de ruta interpretativa en Liébana. Luis Frechilla (Daboecia, arte e natureza).
18:15 h. Pausa degustación de produtos da Rede de Produtores de RURALtXA!
18:45 h. Mesa-coloquio. O papel das axencias de viaxe de ecoturismo no escenario do Corredor de Ecoturismo da España Verde. Voltamontana e Naviaventours.
19:15 h. MESA REDONDA. A Mariña Lucense destino de ecoturismo. Sostibilidade, recursos e expectativas. Moderado por Antonio Sandoval
20:00 h. Fin da segunda xornada.
DOMINGO 30 DE MARZO
8:30-14:00 h: Visita guiada á Serra do Xistral para coñecer o territorio interior da Mariña da man do proxecto RURALtXA!
A visita estará dividida en varias seccións e contará con Andoni Canela, con Ramón A. Díaz Varela (USC), Laura Lagos (UDC) e outros especialistas que falarán sobre as turbeiras e a flora da serra, sobre o sistema representado polos breixos e os cabalos e, en compañía de de REBINXE, sobre unha especie moi presente pero moi difícil de observar, como é o lobo. Punto de encontro: Centro Sociocultural en Barreiros.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



