A Mariña, 12 de marzo, 2025. O pasado fin de semana, numerosos pacientes percorreron as estradas rumbo ao Hula “pola incapacidade do Hospital da Mariña para dar resposta ás necesidades sanitarias que se xeran na Comarca. Un incesante ir e vir de ambulancias, carrexaron de xeito incesante, pacientes que deberan ser asumidos no hospital Mariñán. A situación semellou ser de guerra, foi tal o número de pacientes desprazados a Lugo que, as ambulancias destinadas a traslados urxentes, deseñadas para un máximo de dous pacientes, deixaron de ser útiles, dando paso á utilización de ambulancias destinadas ao transporte de pacientes que acoden a rehabilitación ou a diálise, as coñecidas como de transporte colectivo. A prioridade non era a calidade sanitaria, a prioridade era evacuar pacientes cal campo de batalla e así, deste xeito, polo que fomos coñecedores, grupos de ata 5 pacientes nunha mesma ambulancia e ao cargo de unha soa enfermeira, emprendían viaxe interhospitalario dende un hospital de batalla totalmente degradado, o de A Mariña, ata o HULA, algo insólito na sanidade que ata o de agora coñecíamos”.
A CARENCIA DE MÉDICOS ELEVA O ESTADO DO HOSPITAL DA MARIÑA A ALERTA VERMELLA
O 15 de xaneiro pasado a CIG-Saúde A Mariña alertaba que “o noso Hospital atopábase en ALERTA VERMELLA e a data de hoxe, so podemos dicir que a situación lonxe de mellorar, agravase día a día sen que os responsables que se atopan acomodados nos despachos, Directores, Xerentes e demais cargos políticos, fagan nada para reverter a situación. Seguimos sen a dotación mínima de Facultativos especialistas en Psiquiatría, Radioloxía, Neuroloxía, Cardioloxía, Uroloxía, Dixestivo ou Medicina Interna, detonante de que este fin de semana se carrexaran masificadamente pacientes da Mariña para ingresar ou diagnosticar no Hula”.
“A maiores das carencias en materia de Recursos Humans, ao comezo da tarde do sábado, producíase avaría no TAC, quedando inoperante todo o fin de semana e ata última hora do luns, xa que o servizo de mantemento destes aparellos foi privatizado e da empresa privada, non se personaron para reparalo ato o luns as 15 horas. Dito aparello radiolóxico, de vital importancia para o diagnóstico, xerou un incremento de traslados de pacientes a Lugo así como un considerable atraso nos seus diagnósticos, dándose casos de pacientes que permaneceron en urxencias ata 24 horas para ser diagnosticados e ingresados”.
“A situación de DEGRADACIÓN na que se atopa o Centro Hospitalario e a veciñanza da Mariña ten responsables. Tanto a Dirección do Hospital da Mariña como o Xerente da Área Sanitaria como o propio Conselleiro son responsables da DEMOLEDORA situación na que se atopa a Sanidade na Mariña. Volverán a dicir que “si a CIG sabe onde hai médicos que nolo digan” polo que dende CIG-Saúde xa adiantamos que son estes dirixentes os que cobran, e non pouco, por dotar do persoal necesario ao centro hospitalario e demostrado que non están capacitados para garantir unha sanidade de calidade e proximidade, ante o evidente fracaso, deberan DIMITIR”.
Dende a Central Nacionalista non imos deixar de BERRAR “onde están os MAIS E MELLORES SERVIZOS” que falsamente nos venderon. Este é o froito das políticas sanitarias do Partido Popular polas cales “atopámonos con menos e peores servizos, máis derivacións e ingresos no HULA de pacientes da Mariña, e a imposibilidade de garantir una sanidade equitativa, digna e de proximidade a todas e todos os que vivimos na Mariña”.





















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



