Ribadeo, 29 de marzo de 2025. Esta fin de semana, do 28 ao 30 de marzo terán lugar en Ribadeo as xornadas gastronómicas do peixe espada. Están organizadas por Acisa en colaboración da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela. Na cita participan 15 locais hostaleiros.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “como di o slogan do 28 ao 30 de marzo en Ribadeo trunfan espadas. Esta fin de semana, en Ribadeo, terán lugar as xornadas gastronómicas do peixe espada de Burela nas que participan 15 locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo, que van ofrecer tapas e pratos preparados con este peixe capturado polos barcos do porto burelés. Grazas á colaboración da OPP-7 Burela puidemos desde Acisa organizar esta nova cita repartindo 75 quilos de peixe espada que distribuímos entre os bares, mesóns e restaurantes que participan nestas xornadas sen ningún tipo de custe para eles”.
Segundo explicou o xerente de Acisa, Jesús Pérez, “esta é xa a quinta vez que desde Acisa regalamos materia prima para a elaboración das tapas e dos pratos ás nosas asociadas e asociados, co que pretendemos deste xeito aforrarlles custes nalgunhas das campañas que lles propoñemos As ofertas nestas xornadas son moi variadas. No Indiano atoparemos tapas especiais en allada de pez espada; no Barallocas, tosta de pez espada á putanesca; A Horta De San Roque: salpicón de verdina de Lourenzá e peixe espada; La Solana ofrecerá escabeche de pez espada, con berenxena crujiente e mel de Montouto; MesonD´Cata propón tapa de brocheta marinada; Asador La Quinta: prato de peixe espada con salsa de gambas; Parador de Turismo: peixe espada sobre cremoso de pataca galega trufado con cogomelos confitados e sal de xamón; Costa Verde: salpicón de peixe espada; O Lar De Manolo: marmitako de peixe espada; Marinero: albóndegas de peixe espada; San Miguel: escabeche temprado de peixe espada, guiso mariñeiro de peixe espada e peixe espada á grella con salsa de allos e guindillas; Ramonita: caldeireta de peixe espada e mexillóns en formato tapa; Mareta: bocadiño de peixe espada empanado con salsa alioli; O Tumbín Ponte Dos Santos: tapa de peixe espada ao xerez; e Los Dulces De Delphine: pastelón de peixe espada e quiche francesa de peixe espada”.
Toda a información sobre estas elaboracións, así como os prezos dos pratos e as tapas que son de cortesía poden atoparse nas redes sociais e na web de Acisa Ribadeo.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, engadiu: “queremos tamén contribuír á concienciación da importancia de consumir peixe, por saúde e por sabor. E si é peixe do porto de Burela, moito mellor. Desde Acisa queremos agradecer a colaboración e o apoio da OPP-7 para poder organizar estas novas xornadas gastronómicas en Ribadeo e así facilitarlles parte do produto aos locais participantes. É a terceira vez que apoian deste xeito á nosa asociación e estamos encantados coa súa axuda”.
Presidenta e xerente agardan que “estas xornadas sexan un éxito ao igual que o foron as da merluza e as da cabala”.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



