Cervo, 26 de marzo de 2025. No marco do programa do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, o CEIP de Cervo participa este curso académico no proxecto colaborativo “Cada gota cuenta”, unha iniciativa que reúne centros educativos de distintas comunidades autónomas para compartir experiencias e boas prácticas educativas.
Durante esta semana, o centro acolle a visita de once docentes procedentes de Asturias (CRA Lena), Alacante (CEIP Pintor Sorolla), Cartaxena (CEP Antonio de Ulloa) e Gran Canaria (CEIP Tagoror). Durante tres días, terán a oportunidade de coñecer a nosa contorna educativa, mergullarse no día a día do noso alumnado e intercambiar coñecementos e metodoloxías didácticas.
A visita deu comezo hoxe, mércores, cun acto de recepción que tivo lugar ás 9:45 horas. O evento contou coa presenza da Alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e da inspectora de educación, Montserrat García Lozano, quen deron a benvida ao profesorado visitante e destacaron a importancia deste tipo de proxectos para o enriquecemento educativo e cultural.
Para aproveitar ao máximo esta experiencia, ao longo da semana organizaranse diversas actividades que permitirán tanto ao profesorado visitante como ao noso alumnado participar en iniciativas innovadoras e enriquecedoras. Entre elas destacan:
Obradoiros de aprendizaxe creativa, nos que se abordarán temáticas como a robótica e os e-téxtiles.
Dramatizacións teatrais e obradoiros de expresión corporal con base tradicional, fomentando a creatividade e a comunicación.
Roteiros guiados polo centro educativo e o seu entorno, cunha proposta interactiva a través do “breakout” da Mariña Lucense.
Creación e emisión de programas en Onda Puca Radio, a emisora escolar, onde se recollerán impresións e testemuños da experiencia.
Programa “Galicia, sabe amar” (Consellería do Mar), que culminará a visita o venres coa chegada dunha foodtruck ao centro. O alumnado poderá descubrir os produtos do mar a través dunha charla divulgativa e unha pequena degustación.
O proxecto “Cada pinga conta” busca sensibilizar á Comunidade Educativa sobre a importancia do coidado da contorna e o uso responsable da auga, un dos grandes desafíos do século XXI. Ademais, a súa denominación encerra unha forte mensaxe de inclusión, poñendo en valor a participación de todos os membros das comunidades educativas implicadas, con especial atención ao alumnado máis vulnerable.
A través desta iniciativa, o CEIP de Cervo promove o fortalecemento das competencias do alumnado en áreas clave como a competencia lingüística, a competencia dixital e a competencia social e cidadá. O proxecto aposta por unha educación integradora baseada na aprendizaxe STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas) e no uso de metodoloxías activas que garantan equidade e inclusión. Todo isto en consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.
Esta visita supón unha oportunidade única para o intercambio de coñecementos e experiencias, favorecendo unha educación máis aberta, participativa e comprometida cos desafíos da sociedade actual.























Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.



