Lugo, 30 de abril de 2025. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a participación de Burela Fs e Castro FSF na Copa da Raíña de Fútbol Sala feminino que se xoga do venres ao domingo en Cartagena, en Murcia. A área de Deportes reforza o colaboración económica cos clubs a través de patrocinios excepcionais vinculados á súa participación neste torneo estatal.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro achegouse a Burela e Castro Ribeiras de Lea para transmitir azos aos dous equipos e ratificar o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a estes proxectos deportivos, expoñentes da fortaleza do deporte feminino na provincia.
Efrén Castro, que en Burela estivo tamén acompañado polo deputado de Mocidade Daniel García, valorou “a importancia destas competecións de máximo nivel para reforzar a visiblidade e recoñecemento do deporte feminino, e especialmente do fútbol, para seguir avanzando na igualdade real neste ámbito” e convidou “aos clubs de base e escolas deportivas da provincia a aproveitar a oportunidade de ter ao pé da casa equipos e xogadoras que están na elite mundial deste deporte”.
Ademais de apoiar a súa participación na Copa da Raiña, a área de Deportes financia a actividade competitiva dos dous clubs de forma estable a través de subvencións nomitivas que supoñen, nos dous casos, a principal contribución institucional ao seu funcionamento.