Lugo, 11 de abril de 2025. Foz e Burela acollen esta fin de semana o V Torneo Minibasket M&W, organizado pola Asociación Deportiva Drocer e o CB Celtas de Foz coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O torneo, que se xoga desde hoxe ata o domingo, reunirá 230 xogadoras e xogadores entre os 8 e os 12 anos entre Foz -que acollerá os partidos das categorías premini e mini – e Burela – onde se xogarán os encontros da categoría infantil-.
Ademais de equipos do Celtas de Foz o do CB Burela, o torneo contará coa participación de equipos de Ensino (Lugo), Sanxillao (Lugo), Franciscanos (Lugo), Bezana (Cantabria), Gremlims (Pontevedra), Depordima (Orense).
Ademais de equipos do Celtas de Foz, con 3 equipos como anfitrión, o do CB Burela, o torneo contará coa participación de equipos de Ensino (Lugo), Sanxillao (Lugo), Franciscanos (Lugo), Bezana (Cantabria), Gremlims (Pontevedra), Depordima (Orense). Prevese que sendo estas datas este torneo polas idades que comprende achegue a numeroso público a Mariña Lucense.
O vicepresidente da Deputacíon de Lugo Efrén Castro e o deputado de Mocidade Daniel García mantiveron esta mañá un encontro coas organizadoras do evento, na que se subliñou o interese dos clubs en participar nestes torneos que permiten disfrutar do baloncesto nun contexto diferente ao das competicións habituais e no que comparten a actividade con equipos doutros territorios.
Ademais do apoio institucional, a organización conta coa colaboración do colexio Martinez Otero, do Colexio O Pilar e das empresas: Cafés Candelas, Jim Sports, Mombús, e Apartagal as súas colaboracións.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



