A Delegación Territorial acolleu a presentación deste evento no que participarán máis de 500 moteiros e moteiras e que conta cun amplo programa de actividades, con rutas turísticas, exhibicións acrobáticas e actuacións musicais
Lugo, 28 de abril de 2025. A Xunta colabora coa XXVIII Concentración de motos que se celebrará no Valadouro entre os días 1 e 4 de maio, organizada polo Moto Clube Valadouro. O delegado territorial en Lugo, Javier Arias, xunto ao presidente do colectivo promotor, Simón Rubal, e o alcalde do municipio mariñano, José Manuel Lamela, presentaron esta mañá os detalles do evento, que conta xa con máis de 500 inscritos.
A programación comezará cos concertos dos grupos Keepers e Malditos Pendejos nas noites do xoves e venres, respectivamente.
As actividades moteiras propiamente ditas iniciaranse o sábado cunha ruta libre en horario de mañá, con saída dende a piscina, e as exhibicións acrobáticas a cargo de Cuadrado Stunt. A xornada completarase con actuacións musicais, xuntanzas de confraternidade para os participantes e xogos infantís.
O domingo ás 11.00 horas os moteiros e moteiras sairán nunha ruta turística, con chegada á praza de Santa María do Valadouro, e a continuación haberá unha comida, sorteos de regalos e a entrega de trofeos para recoñecer aos motoclubes máis numerosos, o participante que chega dende máis lonxe ou a bandeira máis orixinal.
Os organizadores agardan acadar os 530 inscritos da última edición, con participantes chegados de distintos puntos de Galicia, doutras comunidades como Asturias e Castela e León, e mesmo de Francia e Portugal.
Javier Arias felicitou ao Moto Clube do Valadouro polo seu esforzo para “consolidar o que é xa un evento de referencia para os afeccionados ao mundo das motos, ofrecendo ademais unha ampla programación para o desfrute de todos os públicos, que atrae a numerosos visitantes e supón un importante impulso para a economía local e a promoción turística da comarca”.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



