A formación desenvolveuse na Casa da Cultura e na piscina municipal os días 26 e 27 de abril
Cervo, 27 de abril, 2025. O Concello de Cervo acolleu un curso gratuíto de Reciclaxe de Socorrismo en espazos acuáticos naturais dixixido aos profesionais deste ámbito, especificamente para persoas inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia que teñan que renovar a inscrición.
As clases impartíronse en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas
A alcaldesa Dolores García Caramés, visitou ao alumnado durante o curso no que renovaron os seus coñecementos e habilidades nun ámbito tan esencial como o socorrismo. Xa que en situacións de emerxencia, cada segundo conta, e contar con socorristas ben formados e actualizados pode marcar a diferencia para salvar vidas.