‘O Peirao’ está integrada por unhas 150 profesionais e composta por oito asociacións

Alfonso Villares asina convenio de colaboraciñon coa federacion galega de redeiras artesás o peirao
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2025. A Consellería do Mar reforza o apoio á Federación Galega de Redeiras O Peirao, co fin de impulsar a súa actividade e de por en valor o traballo que desenvolven dentro do sector marítimo-pesqueiro. Proba delo, é o convenio que asinaron este luns o conselleiro responsable desta carteira, Alfonso Villares, e a presidenta de dito ente, María Jesús González, e que dá continuidade á colaboración que o Goberno galego vén mantendo con este colectivo nos últimos tempos.
O titular do departamento autonómico destacou o labor deste colectivo na loita pola igualdade de oportunidades, pois foi decisivo para conseguir a regulación a nivel nacional desta profesión, o que permitiu implantar un certificado de profesionalidade. Neste senso, puxo en valor a colaboración da Federación co Instituto Galego de Seguridade Laboral para mellorar as condicións de traballo e previr doenzas relacionadas coa súa actividade, así como os avances para implantar un programa específico de inspección laboral para as redeiras galegas.
Alfonso Villares subliñou os esforzos dirixidos á diversificación da actividade coa finalidade de complementar os ingresos das profesionais nos períodos de inactividade e a participación en congresos, feiras e eventos relacionados co sector nos que promocionar o seu traballo e asegurar, dixo, o tan necesario relevo xeracional. Por iso, para o titular de Mar é importante deseñar accións coma o convenio asinado, xa que contribúen a que a xente moza se sinta atraída por esta actividade con presenza maioritaria de mulleres.
150 profesionais
A Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao agrupa a unhas 150 profesionais e está composta por oito asociacións, que son as seguintes: Atalaia-A Guarda, Cariño, Cedeira, O Cerco-Cangas, Illa da Estrela-Corme, O Feital-Malpica, Portosín e Virxe Carme-Porto do Son.
Naceu co obxectivo de dar a coñecer este oficio e mellorar a profesión dende todos os eidos, desde o laboral, o da saúde, o económico, o social, as relacións coa contorna e o seu impacto no medio ambiente.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



