Madrid, 23 de abril de 2025. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, mantén un encontro con representantes das Asociacións de Veciñais e de comunidades de montes de Trasbar, A Senra e Castelo, no termo municipal de Cervo, para abordar as principais demandas e problemáticas que afectan ao conxunto da veciñanza destas parroquias en relación á falta de conexión de banda larga.
No marco da reunión, onde Rego estivo acompañado polos concelleiros do BNG no Concello de Cervo – Diego Fernández e Zulema Murado- o deputado nacionalista anuncia que o BNG rexistrará iniciativas nas Cortes para instar o Goberno do Estado a garantir a extensión da banda larga ultrarrápida á totalidade da poboación, en todos os burgos de Cervo. “Non pode haber cidadáns de primeira e de segunda en función do lugar onde vivan. O acceso a internet en condicións dignas é un dereito básico no século XXI” salienta o deputado nacionalista.
Rego subliña a necesidade de acabar coa fenda dixital que afecta de maneira especial ao rural galego, dificultando o acceso a servizos, oportunidades laborais e educativas, e mesmo limitando o asentamento de poboación. “A conectividade é esencial para fixar poboación no territorio e para garantir igualdade de oportunidades”, destacou.
O BNG reafirma así o seu compromiso coa defensa dos dereitos da cidadanía galega, reclamando ao Estado os investimentos necesarios para que o rural non quede atrás na transición dixital.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



