Durante estos dous días amosaron a súa oferta educativa e serviron café aos asistentes.

Durante estos dous días amosaron a súa oferta educativa e serviron café aos asistentes.
Tomé Roca felicitou á nova representante do Goberno e desexoulle unha etapa chea de acertos, subliñando que “os seus éxitos serán tamén os éxitos da provincia, pois redundarán no benestar e progreso de todos os veciños e veciñas”. Ademais, o mandatario provincial expresou a súa vontade de seguir colaborando dun xeito leal e estreito coa Subdelegación para traballar conxuntamente en proxectos de interese para a provincia. Xunto ao Presidente provincial asistiu o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.
A cita terá lugar na Praza de Santa María a partir das 12:00 horas e contará con postos de diferentes países do mundo dos que proceden veciños e veciñas migrantes de Vilalba. Serán eles e elas quen elaboren comidas típicas dos seus lugares de orixe, que se ofrecerán de forma totalmente gratuíta ata esgotar existencias a todas as persoas que se acheguen. Ademais da gastronomía, a feira incluirá trípticos informativos nos que descubrir aspectos clave da cultura e da historia de cada un dos países representados, ofrecendo así unha experiencia completa de coñecemento e convivencia.
Este martes 30 de setembro "soubemos do pasamento do noso veciño e amigo Xosé Luis Barrera Rei. Desde o BNG de Ribadeo queremos transmitir o noso pésame a toda a súa familia e renderlle homenaxe a unha persoa que sempre amosou as súas inquedanzas pola nosa cultura, polo mundo do deporte, e polo seu país: Galiza". Xosé Luis Barrera Rei estivo vinculado ao mundo da cultura ribadense, nomeadamente ao grupo de teatro, e ao mundo do deporte; tamén foi responsábel local do BNG nos anos oitenta. Tres foron as súas paixóns: Galiza, Cuba e o seu Deportivo da Coruña. Na veciñanza queda un recordo moi agradecido polo seu compromiso co país e con Ribadeo. "Sempre formarás parte da nosa memoria, Barrera".
Arias transmitiu a vontade do Goberno galego de “seguir reforzando a colaboración institucional en beneficio dos veciños e veciñas da provincia”.
Para apuntarse hai que enviar un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com. As clases son totalmente gratuitas.
A cita é ás 20 horas con posteriores petiscos para xs asistentes.
O filme está dirixido por Xan Leira cuxa actividade está centrada na produción editorial e de documentais relacionados coa recuperación da memoria social e política da Galiza e da diáspora galega. O documental recolle testemuñas sobre especialistas no autor como o dos mariñaos Martín Fernández Vizoso e Pablo Rodríguez "Vivín".
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital