O Partido Popular lamenta que esta falta de planificación traerá graves e irreparables prexuízos para Foz, tanto en termos de mobilidade como de seguridade viaria
Foz, 28 de abril de 2025. O Partido Popular de Foz solicita a convocatoria urxente dunha reunión dos voceiros municipais coa Policía Local e cos técnicos redactores do Plan de Mobilidade, tras os problemas derivados dos recentes cambios no tráfico do núcleo urbano.
“Estamos seguros de que o cambio a un único sentido da Rúa Corporacións vai traer máis problemas ao xa caótico tráfico de Foz”, advirte o voceiro popular, Javier Castiñeira, que tamén critica a “terquedade do alcalde Cajoto e a mala coordinación das obras”, factores que “están provocando o cabreo masivo de focenses e visitantes, que teñen que dar varias voltas para poder entrar ou saír da vila”.
O PP advirte que esta modificación saturará rúas de saída como a Rúa do Mar e a Rúa Constitución, vías estreitas que atravesan o casco antigo e onde reside unha poboación maior. “Estes cambios son especialmente perigosos os martes de mercado, cando non hai saída cara a Ribadeo polo porto e o tráfico desvíase pola estreita Rúa Paco Maañón, onde está situada a entrada ao Colexio Martínez Otero”, engade o Javier Castiñeira-
O PP critica que non se tiveron en conta as alegacións presentadas por máis de 500 veciños sobre o cambio en Corporacións, nin as demandas dos residentes na Praza de Galicia, afectados polas obras do Barrio das Casas Baratas, que acumulan máis de dous anos de atraso e provocan a perda de prazas de aparcamento. Tampouco se escoitou á Policía Local nin aos profesionais das autoescolas, que ao igual que o Partido Popular e o BNG, mostraron o seu rexeitamento aos cambios. Polo tanto, o voceiro popular acusa ao goberno local de actuar “de maneira unilateral e sen escoitar a ninguén”, e de coincidir “varias obras ao mesmo tempo sen organización algunha”.
O Partido Popular lamenta que esta falta de planificación traerá graves e irreparables prexuízos para Foz, tanto en termos de mobilidade como de seguridade viaria. “Xa advertimos no último pleno da necesidade urxente de repintar os pasos de peóns en Foz, que levan anos sen manterse ou foron eliminados polas obras, como sucede na Avenida da Mariña”, sinala Javier Castiñeira.
Desde o PP insisten na necesidade de escoitar aos veciños e aos profesionais antes de seguir avanzando nun Plan de Mobilidade que, tal como está sendo implantado, supón un grave risco para o benestar e a seguridade de Foz.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



