Nicolás González Casares alerta de que rematou o prazo de consultas e o goberno galego non puxo os problemas da pesca galega en coñecemento da Comisión Europea
Rianxo, 4 de abril de 2025. O europarlamentario galego Nicolás González Casares criticou hoxe en Rianxo que a Xunta teña deixado pasar o prazo de consultas que deu a Comisión Europea para presentar alegacións ao Pacto dos Océanos que vai marcar os usos das actividades mariñas para os próximos anos.
Así o dixo nun encontro co sector na Confraría de Rianxo no que tamén participaron o portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Abalde, o portavoz de Rianxo, Óscar Rial, o alcalde de Boiro e secretario de Pesca do PSdeG, José Ramón Romero, Martiño, e o patrón maior Miguel Iglesias.
Advertiulle ao goberno galego que “cando non participas nunha consulta despois non te podes queixar dos resultados”, e lamentou que “non están a facer o seu traballo”, cando outras comunidades autónomas si que participaron, así como representantes do sector como Anfaco, Arvi ou as organizacións de produtores pesqueiros. Este Pacto dos Océanos, explicou, vai fixar a estratexia que vai marcar os usos e actividades pesqueiras e tamén do turismo, a explotación da enerxía ou a bioeconomía.
Alertou que o silencio da Xunta é especialmente grave no que atinxe á ría de Arousa, polo que “temos que participar e poñer a disposición da Comisión Europea o que sabe a xente do mar de Galicia, e a Xunta non está a contar con eles para o desenvolvemento das políticas europeas”. Explicou que coa xuntanza de hoxe “vimos de escoitar á xente do mar de Rianxo, Arousa e Barbanza” e coñecer os problemas que provocan a caída da produtividade marisqueira.
A Xunta non fai nada
O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Abalde, salientou que a xuntanza de hoxe, na que tamén participou o patrón maior da confraría serviu para coñecer de primeira man os problemas da ría de boca dos traballadores do sector e así “trasladar a súa voz ao Parlamento a través de iniciativas” para que a Xunta “se poña a traballar e faga o que ten que facer”. Reclamoulle ao goberno galego que utilice as súas competencias na xestión do marisqueo.
Criticou que o goberno galego “non fai valer os intereses de Galicia ante Europa” tampouco no que ten que ver co marisqueo, polo que teñen que ser os socialistas galegos os que vaian ás confrarías a “escoitar ao sector para buscar solucións” mentres a Consellería do Mar “non fai nada”. Esixiulle á Xunta que cumpra co seu compromiso de acadar a sustentabilidade do sector marisqueiro dende o punto de vista da biodiversidade e tamén social e económico da xente que traballa no sector.




















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



