Os participantes foron recibidos polo alcalde, Dani Vega, e pola concelleira de Turismo, Marta Saiz. Fixeron dúas visitas guiadas: unha ao Forte de San Damián e outra á granja Pedro Murias. O xantar tivo lugar no Parador de Turismo e os coches estiveron aparcados no Parque de San Francisco. O rexedor subliñou que “estamos diante doutra fin de semana chea de actividades en Ribadeo. Deporte, coches antigos e música para animar o sábado e o domingo na nosa vila”.
