Mondoñedo, 13 de abril, 2025. Xulia Nogueira será a pregoeira das Quendas 2025. É directora do coro ‘Mestre Pacheco’ e mestra de música da Escola Municipal ‘O Pallarego’.
Xulia Nogueira naceu en lugo. Afeccionada á música dende moi cativa, titulouse en violonchelo polo Conservatorio Superior de Música de Santiago, dedicando a súa vida á arte e á ensinanza musical. A súa formación académica inclúe estudos avanzados en técnica vogal, educación musical infantil, improvisación musical e cursos de postgrao en Musicoterapia. Durante os seus primeiros anos de docencia participou activamente en cursos especializados como as Xornadas de Formación Orquestral da Xoven Orquestra de Galicia e dende o ano 1990 ata a actualidade nos Cursos de Formación Orquestral do Concello de Xove.
No ámbito da música vogal, realizou labor como directora de diversos coros, entre os que se inclúen o coro do Conservatorio Profesional de Vilalba, a Escolanía Municipal do Concello de Xove, o Orfeón da Sociedade de Obreiros de Mondoñedo e dende o ano 2000 no coro “Mestre Pacheco” de Mondoñedo. Realiza a súa actividade docente no conservatorio Profesional de Música de Vilalba e nas Escolas de Música de Mondoñedo e Burela, exercendo a dirección da Escola Municipal de Música de Xove.
Profundizando o seu compromiso coa música como ferramenta terapéutica, impartíu Musicoterapia dende o ano 2012 ao ano 2020 no Centro Asistencial de San Pablo e San Lázaro de Mondoñedo, e participou en proxectos educativos coma: o Proxecto Sócrates, Un neno un instrumento (2017), Proxecto Noi bico un cantar (Xunta de Galicia) e é directora-creadora do programa formativo Mamá Quero Cantar dende o ano 2015 na escola de Música O Pallarego de Mondoñedo.
Ao longo da súa carreira, tamén fixo gravacións coma violonchelísta no CD “Clásicos Galegos” Volume I co Coro de Cámara “Solo voces” e a Orquestra Municipal de Xove, no CD Música de Xoán Montes e Bal y Gay. No campo vogal no CD Corais da Mariña (directora de coro), Dende a beira do Masma da Colección Sons Lugueses (Intérprete vogal solista), A viaxe de Brandán de Atlantia grabacións 2018 (Lírica e intérprete vogal solista), Mondoñedo no Camiño de Santiago a través das súas personaxes de Atlantia Entertaiment 2019 ( maquetación, deseño e intérprete vogal solista), Iacobus gravado coa Orquestra Clásica de Xove con Atlantia Entertaiment 2019 (Libreto, maquetación, deseño e intérprete vogal solista)





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



