Foz, 11 de maio de 2025. A Casa do Concello de Foz iluminarase en cor morada mañá, luns día 12 de maio, con motivo do Día Mundial da Fibromialxia.
A concelleira de Sanidade, Kathy Navarro, explica que “é fundamental darlle visibilidade a fibromialxia, unha enfermidade crónica que se caracteriza por dor musculoesquelético xeneralizado acompañado de hipersensibilidade en varias áreas corporais, fatiga, trastornos da articulación temporomandibular, síndrome de colon irritable, problemas co sono, memoria e estado de ánimo. E unha enfermidade máis propensa nas mulleres e afecta a máis de 276.000 persoas en España, segundo datos do INE (Instituto Nacional de Estatística)”.
O Concello de Foz quere agradecer á asociación Fibro Visibles “o esforzo para poñer o foco na fibromialxia e outras enfermidades invisibles, unha iniciativa máis que necesaria e que apoiamos totalmente”.