Preto de 140 veciños e veciñas de diferentes colectivos da Fonsagrada, Lugo, Abadín, Quiroga e Paradela participan esta semana no programa de viaxes gratuítas que puxo en marcha a Deputación de Lugo para reforzar o sector turístico
Lugo, 21 de maio de 2025. O programa de viaxes gratuítas da Deputación de Lugo, Coñece a túa provincia, ofrece esta semana visitas guiadas á Mariña, á Montaña e á Ribeira Sacra a preto de 140 veciños e veciñas dos concellos da Fonsagrada, Lugo, Abadín, Quiroga e Paradela. Un total de seis colectivos participarán entre o martes e o venres nas diferentes rutas deseñadas pola institución provincial nesta quinta edición do programa para reforzar o sector turístico.
Tras as viaxes deste martes da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros, da Fonsagrada, a Sober e da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias, de Lugo, a Foz; hoxe será a quenda da Asociación Cultural O Caxigo, da Fonsagrada e da Asociación de Veciños de San Pedro de Aldixe, de Abadín. Os primeiros foron recibidos polo Deputado de Medio Ambiente e Alcalde fonsagradino, Carlos López, na visita que fixeron á Produtora de audiovisuais antes de poñer rumbo a Cervo. Os abadinenses viaxaron aos concellos de Ribas de Sil e Quiroga tras coñecer o conxunto etnográfico do Mazo de Santa Comba.
O venres, os colectivos de Souto do Val, de Quiroga, e a Asociación Cultural e Xuvenil Castro de Rei de Lemos, de Paradela, serán os protagonistas. Os primeiros farán a ruta de Mondoñedo e aproveitarán para visitar tamén a Granxa Gayoso Castro, mentres que os segundos visitarán o Pazo de San Marcos antes de poñer rumbo á Montaña con paradas en Piornedo e Navia de Suarna.
Nas viaxes do Coñece a túa provincia inclúese de balde o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar de orixe, a póliza de seguros de viaxeiros, o menú de xantar e as entradas aos diferentes lugares da visita. Ademais, estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia, así como persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros incluídos nos itinerarios do programa.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



