O primeiro episodio presentarase o 18 de maio nunha homenaxe a Concha de Agrade, de Chantada, informante de Dorothé Schubarth para o “Cancioneiro Popular Galego”
Lugo, 12 de maio de 2025. Coincidindo coa fin de semana das Letras Galegas, que este ano recoñece o papel das cantareiras na transmisión da poesía oral, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo lanza a serie de podcast “Folcast”, un percorrido pola oralidade e a música tradicional de Lugo.
A deputada de Cultura Iria Castro, a concelleira de Cultura de Lugo Maite Ferreiro e Xosé Gago, coordinador de Folcast canda Branca Villares, presentaron o proxecto, formado por dez episodios que se difundirán ao longo do ano.
Iria Castro e Maite Ferreiro explicaron “que con esta proposta contribuímos tamén desde Lugo ao recoñecemento das pandereteiras e cantareiras e en xeral, das mulleres, como creadoras e conservadoras de literatura oral, tradicional e musical, historicamente invisibilizado” e
Xosé Gago sinalou que o obxectivo de Folcast é “crear un artefacto colectivo mediante entrevistas que ofrecen unha ollada ampla e poliédrica sobre o fenómeno”. Así, nvestigadoras, intérpretes, representantes do tecido asociativo ou escritoras pasarán polos micrófonos de Folcast, que percorreron as distintas comarcas na procura das portadoras e transmisoras da poesía tradicional.
Os episodios terán entre 45 e 60 minutos de duración e terán unha emisión mensual na páxina web da Deputación de Lugo e en distintas plataformas, aínda que tamén se emitirán episodios especiais. Para estar ao tanto das emisións puxo en marcha o perfil de Instagram (@folcast_radio), no que ademais se poderá acceder a contido extra.
Homenaxe a Concha de Agrade
O primeiro episodio da serie ten como protagonista a Concha de Agrade, unha das informantes da provincia de Lugo que tivo Dorothé Schubarth para a elaboración do “Cancioneiro Popular Galego”, obra magna da etnomusicoloxía galega e cuxas gravacións están accesibles na web do APOI.
A súa presentación farase o 18 de maio nun xornada de homenaxe que se celebrará na que foi a casa da Concha, en San Vicente de Agrade, en Chantada, ás 13.00 horas. Previamente, a Coral de Chantada cantará na misa de 12:00 na igrexa parroquial. A través da figura de Concha preténdese homenaxear ás pandeireteiras da provincia, entendendo que o fenómeno da oralidade é colectivo e non individual.
No acto participarán o fillo de Concha, “Suso do Rei”; Alba María, investigadora e intérprete; Isabel Vigo, técnico do APOI do Museo do Pobo Galego, así como Iria Castro, responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo e Xosé Gago, un dos responsables de Folcast.
O acto estará musicado polas pandeireteiras de Dakidoasma que ofrecerán unhas pezas para despois unirse ao resto da agrupación para pechar o evento con máis música e uns petiscos. A organización fala de petiscos colaborativos, nos que cadaquén pode achegar algo de comer e bebida. Tamén se anima dende a organización a levar vaso propio.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



